As Cabanas do Chao, outro dos proxectos que sae á luz para revivir Os Ancares

P. A. LUGO / LA VOZ

LUGO

Unha das seis cabanas situadas na aldea de Vilaverde, en Navia. Cada unha ten o nome dunha constelación
Unha das seis cabanas situadas na aldea de Vilaverde, en Navia. Cada unha ten o nome dunha constelación CEDIDA

As propietarias da Casa do Chao, Marifé Pérez e a súa filla, Leticia Mon, inauguran o día 27 deste mes unhos apartamentos de película

18 nov 2025 . Actualizado a las 23:53 h.

Fai máis de dous anos que Navia de Suarna empezou a brillar un pouco máis. Foi gracias a iniciativa de Leticia Mon, que emprendeu, coa axuda da súa nai, Marifé Pérez, co restaurante Casa do Chao, na aldea de Vilaverde. Un restaurante que respeta ata o último detalle a esencia rural e, sobre todo, que visibiliza Os Ancares e permite potenciar o turismo da zona.

E agora o restaurante amplía a súa oferta con seis cabanas de construcción situadas en plena montaña. «Realmente a primeira idea que tivemos foi a das cabanas, pero o proxecto foise alongando e neses medios foi cando Leticia, a miña filla, dixo de arranxar o antigo curral e facer unha cociña para dar servizo as cabanas», explica Marifé. No obstante, o que ía ser unha pequena cociña rematou sendo un restaurante con amplo recoñecemento na comarca e incluso fóra.

Agora, aquelas cabanas que tiñan na mente xa están listas para abrir ao público. Será o 27 deste mes cando se inauguren. «Son espazos moi acolledores, pensados para parellas, porque teñen unha habitación e un sofá cama, salón, cociña e baño. Pero tamén poderían aloxarse catro personas», indica Marifé.

Máis aló dun aloxamento de película, as cabanas están deseñadas para gozar dunhas vistas e dun entorno privilexiado en plena natureza, entre as montañas de Os Ancares. Ademais, coa posibilidade de degustar comida caseira a apenas uns metros do aloxamento. Pouco antes de abrir o restaurante, contaba Leticia neste xornal que «quero que a xente que veña poida gozar dun bo caldo ou dun bo cocido mentres fai unha ruta e ve a paisaxe que ofrece a montaña de Ancares». «A xente non vén visitar estes lugares porque non ten onde quedarse e, claro, vir un día é moito trote para os que veñen de fóra», engadía naquel momento, cando aínda non coñecía o éxito que tería o restaurante que só imaxinaba.

Os nomes das constelacións

Cada unha das seis Cabanas do Chao ten o nome dunha constelación, e identifícase pola mesma nada máis entrar. Porque é tamén a esencia dunhos apartamentos idóneos para gozar do ceo nunha localización única, sen contaminación lumínica. Marifé explica que poderán reservarse a partir do día 27, cando as inauguran, na páxina web de Cabanas do Chao.