Xa se poden propoñer candidatas a Palabra do Ano

La Voz LUGO

LUGO

O académico e coordinador da iniciativa, Víctor Freixanes, e o responsable de Patrimonio e cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez, estiveron acompañados do tenente de alcalde de Lugo Rubén Arroxo e da concelleira de Cultura Maite Ferreiro na presentación
O académico e coordinador da iniciativa, Víctor Freixanes, e o responsable de Patrimonio e cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez, estiveron acompañados do tenente de alcalde de Lugo Rubén Arroxo e da concelleira de Cultura Maite Ferreiro na presentación

Como en edicións anteriores, o termo escollido plasmarase no chan da lucense rúa Menorca

11 nov 2025 . Actualizado a las 18:00 h.

A lucense rúa Menorca converteuse dun tempo para aquí nun espacio no que cada ano se plasma o vocablo elixido como Palabra do Ano. Desta volta non vai variar, e este martes a Real Academia Galega e a Fundación Barrie presentaron na cidade a campaña para a elección do termo do 2025.

O académico e coordinador da iniciativa, Víctor Freixanes, e o responsable de Patrimonio e cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez, estiveron acompañados do tenente de alcalde de Lugo Rubén Arroxo e da concelleira de Cultura Maite Ferreiro na presentación da iniciativa.

Dende xa e ata o 1 de decembro terá lugar a fase de recollida de suxestións. Logo, as voces finalistas serán sometidas a unha votación popular que irá do 3 ao 21 de decembro. Todo, a través do Portal das Palabras, a web que a RAG e a Fundación Barrié promoven para difundir o léxico da lingua galega.

«A elección da Palabra do Ano naceu como palabra-crónica, mais paseniñamente foi incorporando unha nova significación: a esperanza, mesmo a aposta polo futuro», sinalou durante a presentación da iniciativa. Para Diego Rodríguez, a elección «irmándanos con todas as linguas do mundo que queren estar presentes na vida das persoas e que a vida das persoas estea presente nelas».

Unha vez escollida a palabra deste 2025, volverá a plasmarse no chan da lucense rúa Menorca. «Esta iniciativa ten unha importancia especial na posta en valor da nosa lingua, un dos símbolos máis importantes de Galiza», celebrou Arroxo.