Roberto Vilar, humorista: «O humor galego real, o de Lugo e Ourense, non se comprende en Madrid»

LUGO

O presentador de «Land Rober» ofrece este sábado en Lugo o espectáculo «Continueixon»
04 abr 2025 . Actualizado a las 22:38 h.O humorista Roberto Vilar iniciou unha xira co seu espectáculo Continueixon, que este sábado 5 de abril fai parada en Lugo, no auditorio municipal Gustavo Freire. As expectativas do presentador de Land Rober son moi altas para esta sesión na cidade amurallada, que sente como «xogar na casa», seguramente pola proximidade co seu Xove natal. As últimas entradas para o espectáculo poderán adquirse este sábado no despacho de entradas do auditorio.
—Este espectáculo é un resumo da súa traxectoria como humorista?
—É como intentar levar una parte do Land Rober ao teatro. Ten moitos máis xogos, sketches e relación co público, e hai moita música en directo. O último espectáculo, Celebreixon, non tivo tanta interacción co público, que esta vez xoga un papel moi importante. Iso si, que ninguén sufra porque é una relación amable e ninguén o vai pasar mal.
—Leva por bandeira o humor galego. Que o fai tan especial?
—A maneira de facelo, porque facémolo serios. En xeral, o galego real, que é o da provincia de Lugo e Ourense, é serio. O facemos dende a seriedade, dende a sombra e o non molestar. Desde fora a veces resulta difícil de comprender. Sánchez Dragó xa o decía, Galiza ten sentido do humor e Andalucía sentido do chiste e a gracia.
—Este tipo de humor que tanto reivindican no Land Rober pode exportarse aos programas que se fan en Madrid?
—Non o sabemos porque realmente nunca o intentamos e nunca tivemos a oportunidade de facer o que nos dé la gana en Madrid. David Broncano da la sensación de facer o que quere, pero nós as poucas incursións que fixemos en Madrid sempre foron con proyectos nacidos alí. Cando chegue o momento veremos se funciona, pero seguramente habrá que adaptalo.
—É moi diferente facer un programa televisivo como o Land Rober a facer un show coma este?
—O Land Rober levo 15 anos facéndoo e son case 500 programas, síntome moi cómodo. En cambio, o teatro é una aventura máis arriesgada, con moita máis proximidade co público. Estouno desfrutando moitísimo porque encóntrome cun Roberto Vilar moi distinto. Moita xente está dicindo que lle gusta máis este show co do ano pasado e creo que estou conseguindo transmitiar a felicidade que sinto á platea.
—Inspirouse en anécdotas personales para crear este novo show?
—Como humorista necesitas nutrirte do día a día e do que eres, pero chegado un momento acabas sendo un profesional e non podes permitirte chegar a un show con pouca preparación. Hai moito traballo detrás que non se ve, pero é certo que tes que sacar de ti para facer chistes e monólogos. Eu vivo a comedia moi intensamente, gústame a frase: «O máis importante é a saude, o diñeiro e o humor». E a gran medicina cando non hai consuelo, fai que che quites importancia e sacude os medos.
—Que expectativas tes conforme o espectáculo deste sábado en Lugo?
—En Lugo xa inauguramos a xira da temporada pasada con Luis Tosar. Este ano tamén estará, aínda que non físicamente, porque é un personaxe do show. O ano pasado foi espectacular e confío que toda esa xente que o pasou moi ben volva este sábado ao teatro.
—Haberá algún guiño a Lugo no show?
—Sempre hai. Eu son da provincia de Lugo, da Mariña, e para min era «a cidade», como Nova York. Teño moitos recordos e moita xente na cidade, así que é algo especial.
—Que é o que máis lle gusta de Lugo?
—O que máis é a xente, porque é a que máis se parece a min. Temos una virtude ou un defecto e é que non queremos molestar nunca. Síntome moi identificado con esta forma de ser, aínda que na miña profesión é certo que teño que molestar a algunha xente ás veces.
—Cre que é máis complicado facer humor agora que fai anos?
—Hai una hipersensibilidade, máis xente oféndese por chistes. A min nunca me pasou, así que non o entendo a pesar de que o respecto. Eu son da idea que ti tes dereito a ofenderte, pero aí acábanse os teus dereitos. Non está xustificado que queimes a ningúen na fogueira por un chiste. Por outra parte, o humor consúmese máis agora que nunca, dáselle máis importancia á comedia.