Será este domingo con actividades para todas as idades
29 may 2024 . Actualizado a las 10:17 h.Domingo 2 • 16.00 horas • Campo da Igrexa Vella de Muimenta (Cospeito) •
A asociación Xotramu organiza a XVI Festa dos Xogos Tradicionais, que contará con música tradicional galega, da man de Charanga 555; actuación de Teatro dos Ghazafelhos, que porá en escena a obra A máquina do tempo; obradoiros, aberto de billarda e outras actividades. A festa conta con alternativas para todas as idades e a participación é de balde.