O PP respaldará ao sector audiovisual da provincia impulsando medidas para posicionar Lugo como destino de rodaxes

LA VOZ LUGO

LUGO

cedida

Elena Candia reuniuse coa Asociación de Produtoras Independentes de Lugo (APRIL) e destacou «a calidade dos profesionais lucenses, que forman parte do noso tecido empresarial e cultural»

14 feb 2024 . Actualizado a las 13:01 h.

A líder do PP lucense Elena Candia reuniuse coa coa Asociación de Produtoras Independentes de Lugo (APRIL) e destacou «a forza do sector audiovisual da provincia que conta con grandes profesionais» e comprometeuse a impulsar medidas para apoiar o desenvolvemento destas empresas que están «moi presentes no tecido cultural e empresarial de Lugo».

Explicaron os populares que un dos desafíos para o desenvolvemento do sector é o de posicionar Lugo como unha cidade amiga para o audiovisual e que sexa un destino de rodaxes audiovisuais. 

Tanto a candidata do PP coma o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Gardía Gómez, ratificaron o seu compromiso co sector manifestando que «arranca un proxecto ilusionante que agardamos acade grandes retos».

Pola súa banda, dende a Asociación de Productoras Independentes de Lugo manifestaron «estar ilusionados e agradecidos co apoio institucional recibido por parte do goberno galego».

En APRIL reúnense unha trintena de profesionais da provincia no que están guionistas, técnicos, produtores, operadores de dron, expertos en márketing e tamén docentes de imaxe e son.