Álvaro Villasante, de Lugo, faise co título de Mellor Cociñeiro de tapas de Galicia cun prato «moi Paprica»

CANDELA F. ROLDÁN LUGO/ LA VOZ

LUGO

Álvaro Villasante, do Paprica, leva o primeiro posto no certame de tapas de Galicia.
Álvaro Villasante, do Paprica, leva o primeiro posto no certame de tapas de Galicia. CEDIDA

O chef lucense comezará a ofrecer a tapa gañadora no restaurante Paprica esta fin de semana

22 mar 2023 . Actualizado a las 14:26 h.

Álvaro Villasante, do famoso restaurante Paprica de Lugo, fíxose co título de Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia 2023 co seu petisco «Bonito, morrón, cebola e paixón. Qué ricos de sabor!», que foi elixido polo xurado profesional como a mellor tapa entre as sete presentadas, unha por cada cidade galega.

Tamén foi escollida como a segunda mellor tapa polo público asistente, polo que o chef lucense di estar «moi contento e ilusionado». Ademais, todos os interesados en probar esta deliciosa tapa, poderán achegarse ao Paprica a partir desta fin de semana, que comezará a estar na súa carta. 

O outro gañador foi Álvaro Pérez Blanco de Artesana Gastrobar de Santiago de Compostela que se fixo co premio do público grazas a Queixo.

—Como foi gañar o concurso de tapas de Galicia outra vez? Como se sente?

—É terceira vez que participamos, e a segunda vez que gañamos, a anterior edición grazas aos votos do público e, desta vez, do xurado. Estou moi contento e a verdade. Viña con moitas gañas e quería dalo todo, pero nunca sabes o que vai pasar. Ao final, saímos co premio, así que supoño que estivemos á altura.

—Entón, pensaba que había bastates posibilidades de saír vitorioso do certame?

—Eu sempre vou con gañas e con ilusión. A competición foi moi esixente e, medida que fun vendo as demais tapas, pensei que non ía ter moitas posibilidades de gañar, porque o nivel de presentación era moi elevado. Quizais a miña tapa era máis sinxela, mesmo pensaba que podería desvituala, pero polo que se ve, a nosa tivo o mellor sabor para o xurado. É unha explosión de sabor e de ternura. Tamén me fixo moita ilusión o segundo premio do público, porque é unha reafirmación de que fixeches un bo traballo.

—Por que cre que tivo tanto éxito?

—Era unha tapa fóra de tempada, que contaba con certos inconvenientes, así que non era doado de todo, pero presentei unha tapa que representa moi ben ao Paprica, porque é nosa 100%. Cando tes bo produto, non fai falta moita máis elaboración. A tapa levaba dous taquiños de bonito, un pouco de picante, maracuyá e maremonte. Trátase dunha tapa diferente por mesturar carne e peixe, así como fruta tropical, pero é sinxela á vez, xusto o que nos caracteriza.

E agora, que é o seguinte?

—O próximo é ao campionato de España de tapas, pero todavía non temos data. Haberá que pensar novos pratos para sorprender ao público e aos participantes. Queremos ir con todas, hai que estar preparado para todo.