Madrid acolle a gastronomía friolesa coa presentación da tradicional Feira do Queixo e Pan de Ousá

Lugo LA VOZ

LUGO

José Ángel Santos, alcalde do municipio, busca expandir os produtos locais e bater récord de asistencia este ano

15 mar 2023 . Actualizado a las 20:49 h.

Madrid acolleu este mércores a Friol e á súa gastronomía na Casa de Galicia, xa que este ano se converteu na capital gastronómica galega coa súa tradicional Feira do Queixo e Pan de Ousá, que terá lugar o próximo 26 de marzo na Praza Andón Cebreiro e no Parque Rosalía de Castro do municipio.

O Concello de Friol, representado no evento madrileño a través de José Ángel Santos,  alcalde do municipio lucense, quixo facer promoción na capital da súa maior festa, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2022, para dar a coñecer e expandir os seus produtos no resto do país.

O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, acolleu a presentación desta feira, coa que se quere espertar o interese polo municipio lucense a nivel nacional. O interese polo seu queixo tradicional e o seu pan artesán, as súas paisaxes naturais situadas no corazón verde de Galicia e, sobre todo, a hospitalidade da súa xente.

O alcalde resaltou en Madrid que «en nombre de todos los vecinos y vecinas de Friol, quiero abrirles las puertas de nuestro pueblo para que nos visiten, no solo en la feria del próximo domingo 26 de marzo, si no en cualquier momento del año. Estoy seguro de que la experiencia no les defraudará».

A feira: referente gastronómico galego

A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá é una cita anual que distingue a Friol como un lugar de referencia gastronómica en Galicia. Dous produtos que celebran con moito orgullo neste municipio de Friol, xa que son os seus principais sinais de identidade.

Esta festa tradicional representa o maior escaparate turístico para Friol, e potencia a actividade económica tanto local como na provincia de Lugo, sobre todo do sector primario e dos produtos agroalimentarios.

Así, o Concello de Friol prepara, unha vez mais, un ambicioso programa de actividades, para que tanto veciños como visitantes gocen do queixo e do pan, da gastronomía, e da música.

Un obradoiro de cociña para os máis novos

Este ano, como novidade, queren involucrar aos mais novos do municipio, organizando para eles un obradoiro de elaboración de queixos, que se levará a cabo no recinto feiral, a partir das 12.00 horas do mediodía, para os nenos e nenas do colexio público de Friol que fixeron a súa inscrición no mesmo. Este taller será impartido por unha das queixeiras mais novas do concello, que aprendeu o oficio da súa avoa e da súa nai.

O alcalde, José Ángel Santos, quere, con esta visita á Casa de Galicia de Madrid, que o pobo de Friol teña unha maior visibilidade en todo o país e tamén fóra del e que a edición deste ano consiga bater récords de asistencia.