Vilalba acolle a premiada obra de teatro «Cabezas de cartel» este sábado

CANDELA F. ROLDÁN LUGO/ LA VOZ

LUGO

A obra de teatro «Cabezas de cartel» chega este sábado a Vilalba.
A obra de teatro «Cabezas de cartel» chega este sábado a Vilalba. CEDIDA

O auditorio municipal do Concello abrirá as portas ó público asistente a partir das 20.00 horas

02 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O auditorio municipal de Vilalba acollerá a representación de «Cabezas de cartel», unha obra da compañía abulense Perigallo Teatro, que recibiu numerosos premios, este sábado, 4 de febreiro, ás 20.00 horas

A recoñecida peza teatral, dirixida por Luis Felpeto e interpretada por Celia Nadal e Javier Manzanera, chega coas pilas cargadas a Vilalba despois dun ano de grandes recoñecementos durante a súa xira, que comezou en 2020. As entradas xa están á venda na web entradasvilalba.es a un prezo de 12 euros.

Os creadores da obra explican que se trata dunha «propuesta para revisarnos, una oportunidad para analizarnos como sociedad y como colectivo, una vuelta a los valores, un alto en el camino. En 'Cabezas de Cartel' tratamos de dignificar lo maravilloso e imperfecto del ser humano».

Múltiples premios

A obra «Cabezas de cartel» conseguiu, entre outros, os seguintes recoñecementos: premio Godot ao mellor espectáculo do circuíto independente de Madrid 2022; espectáculo recomendado por Redescena; show destacado como un dos 10 mellores de 2021 en El Cultural; espectáculo recomendado por pola rede vasca de teatros SAREA; premios Indifest 2020 á mellor dirección, ao mellor actor, á mellor actriz e premio do público; foi seleccionada pola revista El Cultural entre las 10 mellores obras de 2021; durante as súas representacións en Madrid estivo no número 1 das mellores obras en cartel na revista Tragycom durante 4 semanas seguidas, e no top 5 da revista Godot.