Ánxela Gracián, escritora: «O papel das mulleres nos contos tradicionais é totalmente insultante»

CANDELA F. ROLDÁN LUGO/ LA VOZ

LUGO

Ánxela Gracián logrou alzarse co Premio Meiga Moira 2022.
Ánxela Gracián logrou alzarse co Premio Meiga Moira 2022. CEDIDA

A autora lucense  logrou alzarse como una das finalistas do Premio Follas Novas do Libro Galego coa súa obra xuvenil «Donas de nós»

31 ene 2023 . Actualizado a las 19:34 h.

Ánxela Gracián (Castroverde, 1968) logrou alzarse como una das finalistas do Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría de teatro coa súa obra xuvenil «Donas de nós», unha historia que revisa a tradición literaria galega con perspectiva feminista, e que xa conseguiu o Premio Meiga Moira 2022.

—Que se vai atopar o lector nesta obra teatral?

—Trátase dunha revisión crítica dos contos de fadas de toda a vida. É o ‘antifadas’. Fai un percorrido pola vida das princesas e mostra un mundo onde as mulleres son independentes e ven vida máis aló de casar cun home. A princesa protagonista desta obra é unha xograresa. Sempre se dixo na historia da literatura galega que só houbo xograres e trobadores homes, e eu quero facer unha revisión de contas coa historia, porque realmente non sabemos se isto é así. A historia literaria de Galicia negou sempre a presenza de mulleres. Quero que os lectores se dean conta do baleiro de mulleres nos cancioneiros medievais e que reflexionen.

—Que papel xogan as personaxes femininas nos contos tradicionais?

—Son un insulto ás mulleres, porque as figuras femininas están moi polarizadas. Por unha parte, están as bruxas e as madrastas, e, polo outro, unhas princesas fermosísimas que teñen como único obxectivo vital casar cun príncipe. Non se preocupan de nada máis que de cumprir esas virtudes consideradas ‘matrimoniables’, como cociñar ou limpar. As historias de toda a vida enxalzan ás mulleres caladas e recatadas que só actúan en función da mirada masculina.

—Que cabida ten nesta historia de «antifadas» o Camiño de Santiago?

— A protagonista percorre unha parte da ruta xacobea, e fai así un repaso pola historia da lírica provenzal, que foi decisiva para a aparición da cantiga, sobre todo para a da lírica trobadoresca, ademais de desbotar todos eses mitos machistas instaurados na sociedade.