A última cea de Jesús Vázquez e a Federación de Veciños

María Eimil TRIBUNA

LUGO

24 ene 2023 . Actualizado a las 13:52 h.

Señor Jesús Vázquez, escribinlle en días pasados para decirlle que a Federación de Veciños non é para facer política, como fixo nunha cea no restaurante Manuel Manuel. Pensei que respostaría esa serie de medias verdades e disculpiñas de home ben faladiño. Pero a resposta foi que eu mentía. Por tanto, non me deixa máis remedio que demostrarlle a todos os lectores que non minto. Aí van as probas para que se saiba que vostede minte, por escrito, públicamente e sen vergoña. A todo se acostuma un, a forza de repetir.

Manteño todo o que lle dixen no artigo da semana pasada: que pediu o voto, e que o fixo desde o seu cargo de presidente da federación. E visto o silencio de todos os demais cargos da federación veciñal, todos comparten ou calan. E dígolle máis: todos os asistentes recibieron o agasollo institucional do Concello, na bolsa vermella oficial, co bolígrafo, as chapas e demáis produtos. No seu discurso explicou que convocaba a cea de máis de cen personas porque llo pediu a alcaldesa, e que era a propia alcaldesa quen invitaba e pagaba a cea. Señor Vázquez, explicou que lle estaba moi agradecido a ela e a súa xefa de gabinete polo moito que fan pola federación de veciños e pola cidade. Agradeceu que estiveran na cea os representantes das parroquias de O Veral, Ombreiro, Ribas de Miño, Esperante ou Orbazai; e agradeceu que estiveran representantes dos barrios de A Milagrosa, A Residencia, O Castiñeiro, Garabolos, Albeiros, Sagrado Corazón, A Piringalla, Fontiñas e Fingoi. Excusou a presencia de Óscar Núñez Torrón, que lle prometeu ir ás siguientes reunións; excusou a presencia de Manolo Vila, e de José Manuel López Casanova. Agradeceu especialmente a presenza de Xosé Manuel Carballo, para o que pediu un aplauso; agradeceu a presecia de José Vázquez Portomeñe, Jorge Somoza e Manuel López Carreira. E pediu outro aplauso para Gómez Besteiro, que non estaba no acto.

¿Por qué mencionou a todas estas personas? Según vostede dixo, quería que houbera unha representación de todas as parroquias e barrios de Lugo. Pois ben, todos eles son testemuñas para que todo o mundo poida preguntar. E así saberán con que fachenda minte Jesús Vázquez.

Señor Vázquez, se aínda agora non recoñece os feitos, non haberá máis remedio que darlle publicidade á gravación completa do seu discurso, e ás fotos do acto e dos agasallos. Que é o que merece por poñer en min esa habilidade súa de mentir sin ruborizarse.