Cinco alumnos da Ramón Falcón reinterpretan a muralla de Lugo

CANELA F. ROLDÁN LUGO

LUGO

A mostra contén 25 instatáneas da muralla.
A mostra contén 25 instatáneas da muralla. Manuel Guede

A Biblioteca pública da cidade acolle unha mostra con 25 instantáneas do monumento dende outra perspectiva

23 ene 2023 . Actualizado a las 21:04 h.

A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo acolle ata o vindeiro 3 de febreiro a exposición #Obxectivo Muralla, unha recompilación de 25 instantáneas do monumento realizadas por cinco fotógrafos titulados da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón.

Os alumnos escollidos para a mostra foron Sara Castillo, Esther López, Belén Lozano, María Tejada e Javi Sua, todos eles titulados no Ciclo Superior de Fotografía que imparte o centro educativo de fotografía lucense. Os xoves mostran toda a súa arte a través dun conxunto de instantáneas impresas en vinilo sobre cartón pluma, en formato A3.

Outra perspectiva da muralla

Os fotógrafos, que teñen entre 21 y 25 anos, decidiron plasmar a súa propia perspectiva da muralla, máis aló da típica imaxe que calquera pode atopar nos libros de texto ou nas redes sociais.

Así o explica Belén Lozano, unha das autoras da mostra. «Más allá de lo convencional, decidí apostar por el fotomontaje para demostrar que la muralla es mucho más que un monumento y dar mi punto de vista acerca de ella», explica a lucense, que leva toda a vida vivindo la cidade e sostén que a muralla «no está lo suficientemente valorada aquí, porque estamos acostumbrados a verla todos los días. No nos fijamos mucho en ella, pero la verdad es que es espectacular», di.

Dende que os seus pais lle mercaron a primeira cámara, Belén tiña claro que esa era a súa vocación, e non imaxina un futuro lonxe desta disciplina, por iso se sinte moi agradecida de poder expoñer as súas obras na súa cidade natal con tan só 23 anos.

María Tejada, outra das autoras, aposta por unha concepción «máis abstracta», segundo asegura ela mesma, da muralla. «Mis fotos son un contraste entre la serenidad que transmite y la lucha por conseguirla, que refleja toda la historia que hay detrás». No seu caso, esta é primeira vez que expón as súas imaxes de cara ó público, pero ten claro que este é só o comezo, por iso anima a todos os lucenses a abrir os ollos a outras realidades.