
O Craega celebrou unha xornada en Lugo na que repasou 25 anos de historia e traballo
01 dic 2022 . Actualizado a las 19:52 h.O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) reuniu este xoves no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a numerosos asistentes vinculados ao sector con motivo da xornada divulgativa titulada «Craega: 25 anos medrando co sector ecolóxico galego».
O acto foi inaugurado polo presidente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, quen, tras felicitar ao Consello polos seus 25 anos de existencia, resaltou que Galicia está no camiño de seguir medrando para alcanzar as esixencias da normativa europea, pois nesta última década o incremento na comunidade foi do 127 %.
José Miguel González, xefe da Área de Produción Ecolóxica na Subdirección Xeral de Calidade e Sostibilidade Alimentaria (MAPA), disertou sobre a situación actual e de futuro da produción ecolóxica en España e en Galicia no marco europeo. Repasou os datos estatísticos máis salientables e, entre os fitos conseguidos, lembrou o feito de que España foi un dos primeiros países en certificar en ecolóxico, en 1988, e que na actualidade o gasto per cápita en consumo eco está xa por riba da media da Unión Europa. Neste sentido arroxou un dato moi significativo: en 2006 o gasto per cápita do consumidor en produto ecolóxico era de 2 euros; na actualidade é de 60.
Pola súa banda, Manuel López Luaces, xefe de Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria na Agacal, dedicou parte da súa intervención a presentar a área I+D+i ao servizo do sector agrario. Deu conta dos centros de investigación galegos vinculados ao sector agro, un por provincia: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Estación Experimental de Gandería de Montaña de Marcos da Curra, Estación Experimental Agrogandeira da Pobra do Brollón e Estación Experimental Agrícola de Baixo Miño.
A compra pública verde como oportunidade para a produción eco foi o tema das seguintes relatoras, que expuxeron dous interesantes proxectos: o de Josefina Irles, xefa de sección de Dietética e Xestión de Hostalería no Hospital Xeral de Valencia, e o de Slow Food Compostela, que o amosou Rocío García, secretaria da asociación.

El aluvión de peticiones agota los fondos para las ayudas ecológicas
Promover la agricultura ecológica para lograr un modelo de producción agroalimentaria más sostenible y respetuoso con el medio ambiente es uno de los objetivos marcados por la nueva política agraria común (PAC). En Galicia, agricultores y ganaderos han tomado nota y han pisado el acelerador del cambio en este sentido. Lo que no calculaba la Xunta es que fueran tantos los productores que se iban a animar a dar el paso. Este año se certificaron en Galicia 12.000 hectáreas más en ecológico y, según los datos que maneja la Consellería do Medio Rural, las solicitudes de ayudas de agricultura ecológica se incrementaron este año en un 134% con respecto al ejercicio anterior, llegando a sumar un importe de hasta 5,6 millones de euros, 2,42 millones menos que la dotación presupuestaria prevista para este año. La gran demanda ha provocado, por tanto, que los fondos dedicados a estas subvenciones, dependientes del Plan de Desarrollo Rural (PDR), se hayan quedado cortos este año, generando malestar entre los agricultores y ganaderos que podrían quedarse sin esta subvención después de haber invertido en realizar el cambio a ecológico.