Catro compañías galegas no ciclo de Teatro Amador

la voz LUGO

LUGO

As funcións no Gustavo Freire serán do 11 ao  25 de setembro

14 sep 2022 . Actualizado a las 17:46 h.

Chega a Lugo a quinta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello e coa Consellería de Cultura. Contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por compañías galegas, que se levarán a cabo durante entre o 11 e o 25 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire. As representacións desta edición son as seguintes:

11 de setembro ás 18.00 horas, «Fráxiles», de Rebulideiras Teatro. 17 de setembro ás 20.30 horas. «Un desastre de función», de Gargallada Teatro. 18 de setembro ás 18.00 horas. «O Principiño», de Paso de Valverde. 25 de setembro ás 18.00 horas. «Os veciños do lado», de Fauna 113.

As obras son para públicos de todas as idades. As entradas terán un custo de 3 euros e retiraranse no auditorio o día da función ou no portal entradaslugo.es.