As ANPAS dispoñen de 20 días hábiles, a contar desde este sábado, para tramitar as solicitudes, dacordo co que se indica nas bases publicadas no BOP e dispoñibles tamén na web da Deputación de Lugo, no apartado de Medio Rural. A concesión farase por orde de solicitude, ata esgotar o orzamento dispoñible, de 40.000 euros, entre as que cumpran cos requisitos establecidos.