O documental percorrerá varios concellos da provincia
04 nov 2021 . Actualizado a las 13:22 h.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa produtora Illa Bufarda na distribución do filme Negro Púrpura por distintas localidades da provincia. Lugo, Vilalba, Monterroso, O Saviñao, Sarria e Meira serán os lugares onde se proxecte esta peza documental dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, que afonda nos usos e na relevancia do caruncho do centeo na Galiza de mediados do século XX.
O documental fíase con testemuños de persoas que entraron en contacto con este fungo alucinóxeno que medra na espiga do centeo por seren recoletoras ou vendedores, por empregalo para usos médicos ou por telo presente no seu imaxinario popular. O primeiro lugar onde se porá a disposición do público esta peza documental será o salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, o venres 5 ás 12.00 horas, en colaboración coa USC. Despois, ás 20.00 horas chegará ao Auditorio Municipal de Vilalba, lugar co que garda especial relación ao recoller mencións a Concha da Reina, primeira comadroa titulada, en colaboración co Iescha e o Concello de Vilalba.