A proposta do grupo nacionalista formula tamén unha denominación alternativa, Complexo Agrogandeiro e de Investigación Universitaria, facendo referencia á actividade agrogandeira e de investigación que se desenvolve no complexo, que acolle o Centro de Recría ou o Centro de Investigación Láctea, creado coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela..
«Entendemos que as accións en relación á memoria histórica non van dirixidas ao pasado senón ao futuro, polo que as actualizacións do nomenclátor deben recoller os novos usos e realidades», apuntou o voceiro do grupo nacionalista.