Arte urbana en Lugo para fomentar o amor polos animais

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Novo grafiti de Diego As no Campus de Lugo
Novo grafiti de Diego As no Campus de Lugo CEDIDA

O artista lucense Diego As creou un novo grafiti no Campus

11 oct 2021 . Actualizado a las 13:25 h.

Un grafiti de Diego As infunde amor e respecto polos animais desde o Campus de Lugo, onde xa se pode observar a nova ilustración deseñada polo artista lugués e actual campión de España de grafiti.

O novo mural, no que Diego As recrea a cabeza dun can, forma parte do proxecto «Deixando pegada», unha iniciativa artística promovida pola empresa Gosbi Pet Food no marco da campaña «Animal respect», que está a desenvolver a nivel nacional e coa que busca concienciar á poboación, e nomeadamente, á mocidade, sobre a necesidade de coidar e respectar os animais.