Estas son as 10 actividades para o San Froilán Miúdo

La Voz LUGO

LUGO

Foto de archivo del San Froilán Miúdo en el Patio do Seminario
Foto de archivo del San Froilán Miúdo en el Patio do Seminario Óscar Cela

Serán no aparcadoiro do Seminario e incluirán teatro, música, danza ou maxia

26 sep 2021 . Actualizado a las 13:16 h.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou onte as actividades do San Froilán Miúdo deste ano. Son dez en total, e en distintos formatos para, segundo explicou Ferreiro, «achegar a cultura de maneira segura aos máis pequenos».

O aparcadoiro do Seminario converterase nun espazo dedicado ás familias, con espectáculos teatrais, musicais, de títeres, danza, maxia ou circo para todos os públicos. Maite Ferreiro asegurou que se trata de propostas «de calidade, premiadas e de recoñecemento».

O San Froilán Miúdo contará cun espectáculo por día entre o 5 e o 12 de outubro, aos que se unirán dous espectáculos de mañá o martes 5 e o sábado 9.

Para poder entrar aos recintos de concertos ou aos espectáculos do San Froilán Miúdo será preciso dispoñer dunha entrada que se poderá retirar de xeito gratuíto no portal de entradas da área de Cultura (entradaslugo.es) ou na Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo ata unha hora antes de cada evento. Cada persoa poderá retirar un máximo de dúas entradas para cada concerto, e tres para os espectáculos do San Froilán Miúdo.

•Martes 5: Ás 12.30 horas Uxía Lambona e a Banda Molona de Troula. Ás 18.00 h Oh- Pera de Circo Chosco

•Mércores 6: Ás 18.00 h Desconcerto de Culturaactiva.

•Xoves 7: Ás 18.00 h María Balteira, bailadora primeira de Producións Xamón.

•Venres 8: Ás 18.00 h Herencia de La industrial teatrera.

•Sábado 9: Ás 12.30 h Cousas da Casa de Mircromina teatro de títeres. Ás 18.00 h Triodedos de La Pequeña Victoria Cen.

•Domingo 10: Ás 18.00 h Los Viajes de Bowa de La Gata Japonesa.

•Luns 11: Ás 18.00 h Yee-Haw de La Banda del Otro.

•Martes 12: Ás 18.00 h Exportats de La Trócola Circ.