Meira celebra hoxe a súa Festa da Malla «edición covid»

PAULA CURRÁS / L.L. LUGO / LA VOZ

LUGO

Imaxe de arquivo da Festa da Malla
Imaxe de arquivo da Festa da Malla ALBERTO LÓPEZ

Haberá música e exposición de maquinaria

01 sep 2021 . Actualizado a las 12:16 h.

Hoxe • Todo o día • Meira • 

Meira celebrará hoxe a súa tradicional Festa da Malla, pero en «edición covid». Desde a organización explican que debido á situación sanitaria este ano non se fará a malla tradicional nin se ofrecerá comida: «Agardaremos a nosa XXIX edición para poder celebralo, como sempre fixemos. Coidémonos», sinalan.

O festexo, que foi declarado Festa de Interese Turístico Nacional de Galicia, comezará pola mañá na Praza do Concello, coa exposición de maquinaria antiga. Ás 12.30 horas terá lugar o concerto da Banda Municipal.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, celebrarase o concerto da Banda de Gaitas da Escola Municipal. E a partir das 18.00 horas, actuará a agrupación Os Valuros, de Castro de Rei.