«Dores» nos campos franquistas en Galicia

PAULA CURRÁS / L.L. LUGO / LA VOZ

LUGO

Maite Ferreiro e Efrén Castro, co cartel da proxección.
Maite Ferreiro e Efrén Castro, co cartel da proxección. CEDIDA

O Vello Cárcere de Lugo acollerá a proxección-coloquio dun documental sobre a represión

14 ago 2021 . Actualizado a las 23:48 h.

O luns 16, véspera do Día da Galicia Mártir, o Vello Cárcere acollerá a proxección-coloquio do documental «Dores», unha curtametraxe que recolle o testemuño de persoas que sufriron de diferentes formas as consecuencias da represión e do silencio. O audiovisual fíase a partir dos relatos de Enma Chapela, que traballou como guía na Illa de San Simón sen saber que seu tío avó estivera aló preso; Mariano Jabonero, fillo de Casimiro Jabonero, que recolleu nun diario os malos tratos sufridos no campo de concentración de Lavacolla; Susana García, autora de Seique e sobriña do represor franquista Manuel García Sampayo, e Tino Cordal, sobriño neto de Castor Cordal, paseado durante a ditadura.

Tras a proxección Clara Miñán e Laura Martínez, coautoras do guión do documental, abriran un coloquio concibido coa vontade de loitar contra o «esquecemento e o descoñecemento da historia propia». O acto, organizado pola área de Memoria Histórica, comezará ás 20.00.