Navia vivirá este sábado o «Vrau das letras Naviegas»

Paula Currás / M.G. LUGO/LA VOZ

LUGO

A presentación do libro de Eva Méndez do Roxo será nun hórreo

30 jul 2021 . Actualizado a las 22:02 h.

O Hórreo da Casa Quiñones de Barcia, en Navia, foi o lugar escollido para desenvolver a actividade que a Asociación Veciñal Irmandade Naviega organizou para este sábado no marco do programa «Vrau das letras naviegas». Un proxecto a través do cal ó longo do verán se presentarán libros, e algún disco, de autores e autoras de Navia ou relacionados dalgún xeito coa vila.

O acto de este sábado, que terá lugar ás oito da tarde, consistirá na presentación do poemario Embernallúas, de Eva Méndez do Roxo. Entre as obras que a autora xa ten publicadas, destacan o poemario As Sete Idades e Eróticas e Trazos de Muller. Ademais, tamén colaborou en proxectos colectivos entre os que sobresaen obras como Pegadas (Porta Verde), 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015), Manuel María. Libro Colectivo de Homenaxe (Deputación de Lugo, 2017) e participacións en revistas de referencia na poesía galega como A Dorna ou Xistral.