«A Facultade de Veterinaria de Lugo non ten nada que envexar en Europa»

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS LUGO / LA VOZ

LUGO

Sara Nieto salienta que a formación recibida en Lugo foi boa
Sara Nieto salienta que a formación recibida en Lugo foi boa

Sara Nieto, que traballa en Gales, afirma que Galicia debe ter granxas sustentables e non macroexplotacións

25 jul 2021 . Actualizado a las 11:32 h.

Sara Nieto Calo, que naceu en Rianxo, estudou Veterinaria en Lugo. Hai quen fai unha estadía no estranxeiro durante a carreira, e hai quen remata os estudos e logo procura experiencias noutros países. Ese é o seu caso, pois despois de ser alumna do campus de Lugo (USC) traballou en Leeds (Inglaterra) e agora faino nun hospital veterinario, orientado a pequenos animais, en Gales. Gran Bretaña é un dos lugares do estranxeiro aos que adoitan acudir os alumnos de Lugo coa carreira xa acabada.

—A Facultade de Veterinaria de Lugo ten un selo internacional (EAEVE) que non está afectado polo ‘brexit‘, de maneira que os alumnos poden facer prácticas ou traballar. Vese como unha vantaxe?

—Si, porque che dá liberdade. Non só para o Reino Unidos senón para outros países aos que queiras ir para facer unha especialidade. Que o actual equipo do decano [Gonzalo Fernández] e dos seus compañeiros consiga recursos é un gran éxito.