O bus urbano en Lugo: dos billetes a 15 céntimos de peseta ao alcalde que se puxo ao volante dun autocar

No 1932 empezou a operar en Lugo un modelo regular de autobuses que no 1963 se municipalizaría

Cando o vindeiro martes entren en funcionamento as novas rutas de bus urbano de Lugo, a cidade escribirá unha nova folla na historia do seu transporte. Un capítulo que distará case un século daqueles primeiros pasos dos autocares de liña no municipio.

Corría o ano 1931 cando a Casa Barros, propietaria da fábrica de vehículos de Chavín, en Viveiro, seguindo o exemplo do que sucedía nas grandes cidades, propuxo ao Concello de Lugo facerse cargo da explotación de varias rutas coas que facilitar a mobilidade da veciñanza. O seu plan pasaba por construír catro autocares de luxo para unir a ponte de Ombreiro coa estación de tren, o empalme da estrada de Portomarín co ferrocarril, e o cuartel das Mercedes con rúas como a do Teatro ou San Fernando.

A idea, por aquel entón, era conectar os extremos da cidade e das parroquias co centro, para dar resposta á demanda dunha poboación que cada vez se achegaba máis ao casco urbano para traballar, ir ao mercado ou coller o tren, o medio que revolucionara a provincia. A proposta de Barros saíu adiante reducida a dúas liñas, e o 4 de outubro do 1932 inaugurábase un servizo que acabaría incluíndo paradas no barrio da Ponte, Ramil ou mesmo unha liña a Nadela, con tarifas que ían entre os 15 e os 40 céntimos.

Itinerario que recolle as liñas de bus que había no ano 1948 en Lugo
Itinerario que recolle as liñas de bus que había no ano 1948 en Lugo

Cos autocares fabricados en Viveiro, nacía a empresa Autobuses de Lugo, propiedade de José Abeledo. Arrancaba un servizo que iría medrando parello ao crecemento da cidade e que avanzaría cheo de sobresaltos. Porque ao longo das seguintes décadas, cada ampliación de rutas acompañábase de preitos. O debate coas autoridades e xefaturas da época parecían constantes, e mesmo nos anos máis complexos os cupos de carburante obrigaban a reducir traxectos ao non ter combustible dabondo. Houbo protestas veciñais cando se quixeron suprimir pardas como a de Santo Domingo, e sucesivas negociacións entre o Concello e a empresa explotadora por disputas varias.

Un deses debates encarnizados xerouse no ano 1956 coa instalación da nova factoría de Frigsa. A empresa pediu unha liña que encaixara cos horarios dos traballadores, e Abeledo dixo que non resultaba rendible, posto que o gañado non daba nin para pagar o salario do condutor. Tras moito debate, acabaría establecéndose unha ruta os días laborables.

O alcalde que se puxo ao volante do autocar

Cos traxectos en autobús cada vez máis demandados, as voces que falaban da necesidade dun servizo urbano de transporte baixo mando público eran cada vez maiores, así que no ano 1962 o Concello redactou as bases para sacar a concurso o que sería o primeiro servizo municipal de transporte urbano da capital. As regras establecían o servizo por 40 anos e, como mínimo, a empresa tiña que incluír tres itinerarios distintos, ademais de poder engadir servizos extraordinarios ás estacións, ao campo de fútbol ou ás festas dos barrios. Sempre, dentro do casco urbano, para que as empresas de transporte que xa operaban non viran afectado o seu negocio. Esta era unha idea coa que a cidadanía non comulgaba, reclamando liñas á Tolda, a Albeiros ou ao sanatorio de Calde.

Nos anos sesenta, catro mulleres eran as encargadas de cobrar os billetes de autobús
Nos anos sesenta, catro mulleres eran as encargadas de cobrar os billetes de autobús

Foi ao ano seguinte, en maio do 1963, cando o servizo de transporte público se converteu en realidade en Lugo. Ese día o Concello adxudicoullo á empresa Autobuses Urbanos de Lugo, propiedade de José Vázquez Alonso e Joaquín Arias López. Para inaugurar o novo modelo de transporte, o alcalde, García Siso, púxose ao volante dun autocar. Con rictus serio e unha pasaxe que integraban dende o bispo ao gobernador civil, pasando por un xeral ou o fiscal xefe da audiencia, o daquelas rexedor conduciu o autobús dende a Praza Maior ata a Tolda. Arrancaba unha nova época.

Contaban as crónicas que na véspera de que empezara a funcionar o servizo a expectación entre os lucenses era enorme, e que nese primeiro San Froilán con autocares o servizo tivera que funcionar ata as tres da mañá, levando ata 3.000 pasaxeiros.

As azafatas que cobraban

Santo Domingo converteuse no eixo que vertebraba o transporte urbano lucense, que tiña tarifas que ían dende a peseta e media polo billete ordinario á peseta cando o percorrido era entre paradas intermedias. Xa daquelas había tarxetas abono de 40 viaxes que tiñan unha redución do 15 %. Como por entón o día de defuntos xa era de visita masiva ao cemiterio, esa xornada o prezo do billete ata o camposanto podía subir ata as tres pesetas.

Os novos tempos chegaran á cidade, e a mostra evidente foi a incorporación de azafatas uniformadas que cobraban os billetes. Catro mulleres que máis tarde pasarían a desenvolver tarefas administrativas cando os autocares incorporaron os tornos e mesmo as portas de apertura automática, na que máis dun trincou os dedos, tal e como se recolle no libro O concello sobre rodas. Transporte público e parque móbil. Cos anos, chegarían os cambios á empresa adxudicataria, a ampliación das liñas e, en definitiva, a normalización dun servizo que comezou sendo rompedor.

Así es el contrato del bus urbano en Lugo: 1,7 millones de km a 2,10 euros el kilómetro

lorena garcía calvo
En el 2016 se adjudicó la actual concesión de autobuses
En el 2016 se adjudicó la actual concesión de autobuses

En el 2020 más de dos millones de pasajeros utilizaron el transporte urbano en el municipio

El próximo martes comenzará una nueva etapa en la movilidad en el concello de Lugo. Las nuevas líneas de transporte urbano entrarán en funcionamiento, y con ellas se intentará dar un impulso al uso del vehículo público al tiempo que se optimizan los kilómetros de los que se dispone. Porque el recorrido de los buses urbanos no es ilimitado, sino que tiene un máximo establecido por contrato que el área de Mobilidade, liderada por Rubén Arroxo, ha intentado optimizar.

 

LA BOLSA

Un máximo de 1,7 millones de kilómetros al año

 

En el año 2016 el gobierno de Lara Méndez adjudicó a la empresa Monbus el contrato del transporte urbano de Lugo durante diez años, con la opción de cinco más. El acuerdo establecía una bolsa total de 1.710.055 kilómetros. Ese es el máximo anual que los buses urbanos del municipio pueden recorrer.

Seguir leyendo

Votación
1 votos
Comentarios

O bus urbano en Lugo: dos billetes a 15 céntimos de peseta ao alcalde que se puxo ao volante dun autocar