lorena garcía calvo
O patrimonio paisaxístico, natural, histórico e gastronómico do Concello de Lugo teñen prestixio e recoñecemento. Sábeo ben o guía Guido Álvarez, que tras anos desvelando a lucenses e visitantes a maxia do municipio, recompilará agora nunha guía 21 rutas naturais que combinan, precisamente, paisaxe, cultura e historia.
O proxecto nace da man do Concello de Lugo e será Álvarez quen o coordine e o elabore. O reto é, en palabras da alcaldesa, Lara Méndez, «crear unha completa guría sobre as rutas naturais do municipio, que nace para dar a coñecer a nosa inmensa riqueza paisaxística, cultural e histórica». Así, atenderase a unha crecente demanda da cidadanía e ofrecerase aos visitantes un recurso turístico máis.