Descontos e agasallos nos comercios de Sarria para celebrar as Letras Galegas

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Algúns comercios xa locen o manequín co traxe tradicional galego.
Algúns comercios xa locen o manequín co traxe tradicional galego. LÓPEZ PAZ

Os establecementos do Móvete por Sarria regalan marcapáxinas e fan rebaixas do 16% o venres 14

13 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo de comercios adheridos ao Móvete por Sarria, con gran presenza en Facebook e Instagram, volve celebrar con descontos e agasallos o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, en vez de celebrarse o día 16, por ser domingo, terá lugar o venres 14, pero manteranse as rebaixas do 16%, coma vén sendo tradición desde o 2014 (agás o ano pasado, que se tivo que suspender pola pandemia).

Os establecementos participantes contarán cun manequín ataviado co traxe tradicional galego e cos escaparates engalanados con poemas. Trátase de Moncho Moda, Óptica Malecón, Lar de Menchu, Vilamey Complementos, Senayo, Sarillo, Peluquería Manuel Estilistas, Calzados Gayoso e Joyería Díaz.

Tamén están xa agasallando aos clientes con marcapáxinas especiais dedicados a Xela Arias.