A Feira de Artesanía da Milagrosa, de Lugo, celebrarase en setembro

A organización adiou, un ano máis, as datas da festa, por mor da pandemia

Imaxe da feira do ano pasado
Imaxe da feira do ano pasado

Lugo / La Voz

A Feira de Produtos do Campo e Artesanía da Milagrosa, de Lugo, celebrarase en setembro. A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, que preside Jesús Vázquez, leva organizando esta cita, e xa van 24, dende 1998. «En anos anteriores, dita feira celebrábase coincidindo co San Isidro, en maio, mais por mor da pandemia, coma o ano pasado, celebrarase máis tarde, entre os días 17 a 19 de setembro», explican desde a organización.

A feira de San Isidro, sinalan, é «a feira das feiras», un resumo das feiras que se celebran na provincia, con expositores de Lugo, do resto de Galicia, Castela e León, Asturias, Portugal... e inclúe actuacións culturais, festas gastronómicas con degustacións de produtos de Lugo e exhibicións de artesáns. 

Calquera expositor interesado en participar, pode contactar xa coa organización, pois os postos reservaranse por orde de chamada. A capacidade da feira será a que marque a normativa sanitaria no momento da súa realización.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Feira de Artesanía da Milagrosa, de Lugo, celebrarase en setembro