Os usuarios e traballadores do Centro de Maiores de Trabada celebran o segundo aniversario da residencia

Durante todo o día participaron en actividades, bailaron ao ritmo da música en directo da banda Sons e Soños e fixeron un brinde virtual moi especial ao que se uniron familiares e amigos

Usuarios y trabajadores celebraron el segundo aniversario
Usuarios y trabajadores celebraron el segundo aniversario

LUGO

Os usuarios e traballadores do Centro de Atención a Maiores de Trabada celebraron  o segundo aniversario da apertura desta residencia da Deputación de Lugo. Ao longo de toda a xornada desenvolvéronse diferentes actividades, pero unha delas foi moi especial: un brinde virtual ao que se uniron familiares e amigos que non se quixeron perder esta xornada festiva.

A mañá solleira permitiu que gran parte das actividades se realizaran no patio do centro, onde se instalaron carpas que permitiron a presenza da banda de música Sons e Soños. Mantendo as rigorosas medidas fronte á Covid-19 de distanciamento social e protección individual, foi posible un concerto en directo que animou aos residentes a bailar e a aplaudir ao ritmo da música.

O brinde virtual tivo lugar ao mediodía e permitiu que as familias, as amizades, residentes doutras residencias provinciais e persoal do centro que non estaba de maneira presencial neste día, puideran compartir este momento en directo conectándose a través dos seus ordenadores e teléfonos móbiles. Á súa vez, tamén penduraron das paredes da residencia cartas e debuxos que lles fixeron chegar os seus achegados para felicitalos por estes dous anos de convivencia.

No Centro de Atención a Maiores de Trabada serviuse neste día de celebración un menú especial e gozaron dunha tarde de xogos e obradoiros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os usuarios e traballadores do Centro de Maiores de Trabada celebran o segundo aniversario da residencia