A Deputación de Lugo inviste 200.000 euros na sinalización de topónimos e lugares de interese na provincia

la voz LUGO

LUGO

A Deputación de Lugo xa sinalou hai dous anos algúns portos de montaña para cicloturismo
A Deputación de Lugo xa sinalou hai dous anos algúns portos de montaña para cicloturismo DEPUTACIÓN DE LUGO

Os concellos poderán facer as propostas e logo os técnicos calcularán os sinais que se poden instalar

23 abr 2021 . Actualizado a las 16:40 h.

A Deputación de Lugo investirá 200.000 euros na sinalización de topónimos e elementos de interese turístico e cultural nos 4.200 quilómetros de vías que configuran a rede provincial. Así o informou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, logo de que a Xunta de Goberno deste venres aprobase o programa que se fará en colaboración cos concellos para a instalación de carteis indicativos nas preto de 9.700 áreas habitadas de toda a provincia. 

«Os concellos que queiran colaborar coa Deputación neste programa, deberán elaborar un listado de situacións de sinais por orde de prioridade», explicou Pablo Rivera. Unha vez recibida a proposta municipal serán os técnicos da Deputación os que calculen os sinais que se poderán asignar cun custe mínimo de 2.000 euros por concello. O importe restante do programa distribuirase en función do número de quilómetros de vías provinciais en cada concello. «No caso de que algún concello non colabore, a Deputación poderá sinalizar os elementos que considere necesario ou redistribuír o importe correspondente a ese concello noutros que considere necesario», aclarou o deputado socialista. 

Pablo Rivera sinalou que «esta é unha medida importante de cara a facilitar a mobilidade pola nosa provincia, mellorando a experiencia dos usuarios da rede provincial e tamén a das persoas que nos visiten». O responsable de Promoción Económica e Social na Deputación explicou que é importante ter os recursos, pero tamén ser quen de chegar a eles.«Con esta iniciativa facilitamos á xente a información necesaria para que percorrer o noso territorio sexa máis doado e para axudarlles a identificar lugares de interese» 

Mellora e ensanche da LU-P-1201

A Xunta de Goberno aprobou tamén a adxudicación das obras de ensanche e mellora da LU-P-1201 de Souto de Torres a Sobrado, unha vía que une e vertebra os concellos de Baralla, o Corgo e Castroverde. A Deputación actuará en 1,5 quilómetros entre os núcleos de Coto ?no Corgo- e de Agustín ?en Castroverde- e Pablo Rivera informou que Construcións Rafer SL será a empresa encargada dos traballos, que contarán cun investimento de 378.000€ e un prazo de execución de 9 meses. 

Con este proxecto dobrarase o ancho da estrada, pasando dos 4,5 metros aos 7 actuais. As obras consistirán no movemento de terras, a drenaxe transversal mediante a reposición das cunetas con tubos de formigón, a pavimentación con aglomerado en quente, e a sinalización horizontal e vertical, así como o balizamento e a limpeza de cunetas.