Candia chama «matrimonios malavenidos» aos gobernos de PSOE e BNG en Lugo

la voz LUGO

LUGO

Cargos electos do PP de Lugo reunidos este sábado na capital lucense
Cargos electos do PP de Lugo reunidos este sábado na capital lucense

Os populares lucense reúnense para marcar retos e explicar o seu traballo nas diferentes institucións

17 abr 2021 . Actualizado a las 17:03 h.

O Partido Popular de Lugo celebrou este sábado unha reunión interparlamentaria, na que fixo balance do traballo nos distintos ámbitos institucionais e se abordaron algunhas das grandes liñas a seguir nos próximos meses. A presidenta provincial do PP de Lugo e deputada autonómica, Elena Candia, destacou «a unidade demostrada polo partido e tamén a súa unidade de acción institucional, de maneira que se levaron aos distintos niveis institucionais a maioría dos grandes asuntos de interese provincial, autonómico e nacional, defendidos coa coherencia propia dun partido solvente e fiable como é o Partido Popular».

A dirixente popular destacou que o seu partido aportar «estabilidade e máis prestixio político e institucional ás institucións». Por este motivo, trasladou «a importancia de seguir traballando porque Lugo está a ser fortemente castigada polos matrimonios malavenidos que forman socialistas e nacionalistas».

Cando non están no goberno, o que fai o PP sempre é denunciable -enseguida piden dimisións e sacan as pancartas-; cando apoian ao PSOE din que van ser esixentes; e cando cogobernan calan cando lles interesa. É o caso da Deputación, onde ninguén pide explicacións”, expuxo con firmeza.

 Candia afirmpou que o PP «só se debe aos lucenses e lle interesa Lugo, temos un Concello que é máis noticia polo cambio de cromos do seu goberno, que pola súa xestión: xefes de servizo que dimiten, concelleiros que se van... Son dous gobernos nun. Cada un vai ao seu; en segundo plano quedan os lucenses. Lémbranme a época na que tamén estaban na Xunta. Touriño por un lado e Quintana polo outro». No que se refire á Deputación, a deputada popular dixo que «a xestión é ausente» e, no Goberno central, «o vemos son uns deputados moi disciplinados e coa lección ben aprendida: entre elixir defender a Sánchez ou a Lugo, sempre elixen ao seu presidente».

Na cita estiveron os principais cargos electos do PP pola provincia, desde o vicepresidente Económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, pasando polos deputados e senadores en Madrid, os parlamentario en Santiago, e os deputados provinciais e o voceiro municipal, Ramón Carballo. Cada un deles fixo falance o seu traballo e os restos de futuro para a súa formación.

Candia puxo en valor o traballo desenvolvido polos compañeiros nas distintas administracións provincial, autonómica e nacional, fixándose como reto seguir aumentando as afiliacións, que xa rondan as 11.000, e cambiar os gobernos no Concello de Lugo e na Deputación.