«O Sabor das Margaridas» leva Lugo por medio mundo

La Voz LUGO

LUGO

Serie «O Sabor das Margaridas»
Serie «O Sabor das Margaridas» TVG

A serie estréase en Netflix este venres

01 abr 2021 . Actualizado a las 17:33 h.

A Deputación impulsa a proxección internacional da provincia colaborando economicamente coa produción da segunda tempada de O Sabor das Margaridas, a primeira serie galega incorporada á plataforma audiovisual Netflix, que se estrea este venres en todo o mundo. A provincia ten un papel protagonista ao aparecer paraxes como a Ribeira Sacra, o Pazo de Adai, no Corgo, ou a capital lucense.

O presidente, José Tomé, subliña que colaborar con O Sabor das Margaridas, da produtora galega CTV, «é un xeito moi efectivo de dar a coñecer a nosa terra, de incentivar o turismo». Este thriller policial e de misterio, rodado en Galicia, pódese ver en 190 países e situouse no top 10 da popularidade de Netflix ao converterse na sétima serie de fala non inglesa máis vista no Reino Unido e Irlanda desta plataforma xigante do streaming.

O reparto está formado por María Mera, Santi Prego, Noelia Castaño, Rebeca Stones, Sara Sanz e David Seijo. O Sabor das Margaridas recibiu o premio á Mellor Serie de Televisión nos XVII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.