A Deputación de Lugo renova o seu compromiso cos GES

la voz LUGO

LUGO

José Tomé en la firma del acuerdo con la Xunta y la Fegamp para los GES
José Tomé en la firma del acuerdo con la Xunta y la Fegamp para los GES

O presidente provincial, José Tomé, reclama á Xunta que aporte fondos para competencias impropias que están asumindo os concellos

16 mar 2021 . Actualizado a las 19:24 h.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes na Cidade da Cultura, en Santiago, unha adenda ao convenio de colaboración para o funcionamento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) xunto ao Vicepresidente 1º da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o Conselleiro de Medio Rural, José González, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar

Esta modificación do convenio permitirá ampliar a área de actuación deste servizo e optimizará a xestión dos recursos para acurtar o tempo de resposta. Tomé Roca salientou que «se seguirá mellorando a cobertura e a operatividade dos GES» a nivel autonómico.

O presidente lucense puxo en valor o espírito co que foron creados os GES. «Son unhas unidades de prevención e de emerxencias que resultan fundamentais nunha provincia como a nosa, que ten un marcado carácter rural e que conta cunha dispersión poboacional moi importante; prestan atención a uns concellos que na súa maioría son de pequeno tamaño, e que por si mesmos non terían capacidade, nin para crear, nin para manter o servizo; e que materializan e poñen en valor a cooperación e a solidariedade intermunicipal e a cooperación interadministrativa, que dende a Deputación de Lugo consideramos importantes». 

A Deputación de Lugo achega preto de 800.000 euros ao ano para o funcionamento dos GES, o que equivale a practicamente ao 1% do orzamento da Deputación de Lugo. A  institución provincial lucense converteuse no 2016 na primeira institución provincial de Galicia que asumiu o custe municipal dos GES, lembrou o presidente lucense, de tal maneira que os concellos «poidan ofrecer este servizo de prevención e de atención a emerxencias a custe cero». 

«É moi importante poñer sempre as cifras en perspectiva e, tamén, é moi importante poñer en valor o que significa manter os compromisos nunha época excepcional como a que vivimos debido á pandemia», concretou e detallou José Tomé, dado que «as entidades locais asumimos moitos gastos extraordinarios debido á covid-19, como por exemplo, a desinfección dos colexios, a compra de material de protección ou medidas de apoio aos sectores económicos, sobre todo os máis afectados polas restricións sanitarias, sen percibir, en cambio, ningún fondo extraordinario para poder afrontar eses novos gastos».

 Colaboración leal

Na súa intervención, Tomé Roca insistiu en que as administracións públicas deben colaborar e nese camiño sempre «van atopar á Deputación de Lugo, pero unha colaboración leal, como demanda a cidadanía, debe incluír o compromiso de revisar, dunha vez por todas, a situación das facendas locais». Nese senso, o presidente provincial concretou que se «deben recoñecer as competencias impropias que os concellos vimos asumindo e desenvolvendo en asuntos como os servizos sociais, a dependencias ou a atención aos maiores, entre outros».

Tomé insistió en que «unha proposta de colaboración leal debe buscar, tamén, que a participación económica se faga dun xeito proporcional aos orzamentos, para que achegue máis quen ten máis fondos e quen ten as competencias, de xeito que non acaben pagando sempre os concellos, sen ter unha financiación axeitada, que é a materia pendente da democracia», explicou José Tomé.