Cen traballadores da Deputación aprenden o manexo de desfibriladores

la voz LUGO

LUGO

Curso de manexo dun desfibrilador
Curso de manexo dun desfibrilador

A formación vai dirixida ao persoal de recente incorporación e que traballa nas residencias, Gayoso Castro, Rede Museística e servizos administrativos

08 mar 2021 . Actualizado a las 13:25 h.

A Deputación de Lugo impartirá dende este luns e ata o vindeiro 21 de abril cursos formativos e de reciclaxe no manexo de desfibriladores dirixidos ao seu persoal. Os cursos levaranse a cabo no centro de prevención de riscos laborais Cualtis de Lugo, cumprindo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias. Nestas accións formativas participarán preto de 100 traballadores provinciais, divididos en grupos de oito persoas, que coñecerán as claves básicas para poder utilizar os desfibriladores semiautomáticos (DESA) que están instalados nas dependencias da institución e tamén as técnicas de Reanimación Cardiopulmonar (RCP).

Estes traballadores obterán a formación precisa para poder atender a calquera persoa ante unha situación de emerxencia e tratar de reducir ao máximo posible o tempo de reposta ante unha parada respiratoria, empregando os aparatos desfibriladores colocados en todos os centros dependentes da institución provincial.

Levaranse a cabo un total de 12 cursos diferenciados en seis edicións de cursos iniciais  de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e desfibrilación externa semiautomática, e outras seis edicións de reciclaxe para o persoal que xa se formou fai dous anos.