Nove obras encherán de cultura o Gustavo Freire na Mostra de Teatro Clásico

Produccións Excéntricas abre o evento o xoves 4 con «Estrela de Día»

Presentación da Mostra de Teatro Clásico
Presentación da Mostra de Teatro Clásico

Lugo / La Voz

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a XXI Mostra de Teatro Clásico, que este ano contará con 9 obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade no mes de marzo. «Por segundo ano consecutivo, apostamos por concentrar en marzo para facer máis doada a afluencia do público e a difusión da propia Mostra», explicou Ferreiro. O evento contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas. «Este ano case un 50% das obras son de compañías de traxectorias contrastadas como Chévere, Producións Teatrais Excéntricas ou Elefante Elegante», explicou Ferreiro, que engadiu que este ano «incluiremos tamén a estrea absoluta de Quixote, de Pedras de Cartón, que forma parte da oferta para público familiar que se achega á Mostra».

O programa é o seguinte:

· Xoves 4, 20.00h. Estrela de Día, Produccións Excéntricas. A partir de 13 anos. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=RKUHQLDL95k

· Xoves 6, 18.30h. Castelvines & Monteses. Los amantes de Verona según Lope, Barco Pirata e CNTC. A partir de 12 anos. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=w-TFsLuhjQ4. Premios: Premio Ceres 2013 a mellor director por Tempestad e Un Trozo Invisible de Este Mundo; nominación premios MAX 2014 a mellor director por Un Trozo Invisible de Este Mundo; Premio MAX 2014 a mellor espectáculo por Un Trozo Invisible de Este Mundo; nominación premio Valle-Inclán a mellor dirección por La Cocina; nominación premios ADE 2017 a mellor dirección por La Cocina; Premio Ercilla 2018 a mellor espectáculo por Lehman Trilogy; Mención Festival de San Javier 2018 a mellor director e espectáculo por Lehman Trilogy; nominación premios MAX 2019 a mellor espectáculo por Lehman Trilogy

· Domingo 7, 18.30h. Quixote, Pedras de Cartón. A patir de 3 anos. Estrea absoluta en Lugo.

· Xoves 11, 20.00h. Bojiganga, Teatro del Cuervo. A partir de 12 anos. Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=QDAts-G-pY8. Premios: Premio OH! 2020 a mellor vestiario e caracterización; Premio OH! 2020 a mellor escenografía e espazo escénico; Premio OH! 2020 a mellor produción; Premio OH! 2020 a mellor dirección

· Sábado 13, 18.30h. Dreaming Julliet, Elefante Elegante. A partir de 12 anos. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=x1H_YzxPRPw

· Domingo 14, 18.30h. Celestina, la tragiclownmedia, La Escalera de Tijera. A partir de 13 anos. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=dodd8mMpYqw&t=7s

· Xoves 18, 20.00h. As fillas bravas. O mito de Casandra, Chévere. A partir de 9 anos. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=96mnv01xhR4. Premios: Única compañía galega gañadora do Premio Nacional das Artes Escénicas

· Sábado 20, 18.30h. Hamlet, Teatro do Chapitó. A partir de 13 anos. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=ExaZybil88U

Compañía gañadora de numerosos premios do público en festivais galegos como o de Cangas ou o de Cariño, e en moitos outros certames do estado.

· Domingo 21, 18.30h. Andanzas y entremeses de Juan Rana, Ron Ralá. A partir dos 16 anos. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=oBM2Q9VDLdA. Premios: Premio MAX das artes escénicas; Mellor espectáculo musical no 2017 por Cervantina; Mellor produción/empresa das artes escénicas no 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora; Finalista á mellor adaptación no 2017 por Cervantina; Finalista a mellor actor de reparto no 2017 por Cervantina; Finalista a mellor espectáculo musical en 2012 por Siglo de Oro, siglo de ahora e no 2015 por En un lugar del Quijote; Finalista a espectáculo revelación no 2009 por Mundo y Final; Premios José Estruch do Teatro Principal de Alicante a Mellor Espectáculo e Mellor Director por Cervantina; Premio do público FIOT en Carballo no 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora e no 2015 por En un lugar del Quijote; Premio do público no Festival de Cartaya no 2015 por En un lugar del Quijote; Premio do público no Festival de Ribadavia no 2014 por En un lugar del Quijote; Premio do público do Teatro Rojas de Toledo en 2014 por En un lugar del Quijote; Premio Ceres do Festival de Mérida a mellor vestiario en 2014 por En un lugar del Quijote; Finalista do Premio de teatro Valle-Inclán de 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora; Premio do Público, Mención Especial do Xurado e Mellor Director no Certame de Teatro Garnacha da Rioxa en 2011 por TIME al tiempo; Finalistas do Premio de Teatro Mayte de 2007 por Mi misterio del interior

Entradas e bonos

A área de Cultura pon á disposición da veciñanza un bono para 8 representacións cun prezo de 35 euros. A obra Quixote, para público familiar, terá un prezo único de 5 euros, e é a única representación non incluída nos bonos. As entradas teñen un prezo de 8 euros na zona A e 6 euros na zona B, e contarán con descontos para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG, quedando as entradas en 5 euros para a zona A e 3,75 para a zona B.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Nove obras encherán de cultura o Gustavo Freire na Mostra de Teatro Clásico