Toma de posesión dos xefes de Persoal e Medio Ambiente do Concello e Lugo

Juan Cocho Sahagún e Juan Torre Rodríguez asinaron esta mañá o seu nomeamento ante a alcaldesa

Toma de posesión do novo xefe de Medio Ambiente, Julio Torre
Toma de posesión do novo xefe de Medio Ambiente, Julio Torre

lugo

A alcaldesa, Lara Méndez, e a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, recibiron esta mañá de mércores aos novos xefes de servizo das áreas de Persoal e Medio Ambiente do Concello de Lugo, que hoxe tomaron posesión dos seus cargos. «Contamos dende hoxe, pois, con dous efectivos máis, cos que pretendemos fornecer a organización interna da Administración, mellorando o seu funcionamento xa que a incorporación de máis empregados posibilita, por unha banda, dimensionar correctamente dous departamentos nos que existe unha elevada carga de traballo e, pola outra, axilizar a tramitación dos procedementos que xestionan incrementando a eficacia das prestacións á cidadanía», sinalou a rexedora que aproveitou o acto, ademais para darlles a benvida e «desexarlles moita sorte e moito acerto» na andaina que agoran inician.

O novo Xefe de Servizo de Medio Ambiente é Julio Torre Rodríguez. Titulado co grao de Enxeñería Forestal, exercía ata a data como funcionario de carreira na Escala de Técnicos Superiores especializados en OO.PP de Investigación no Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT). 

Toma de posesión do novo xefe de Persoal, Juan Cocho
Toma de posesión do novo xefe de Persoal, Juan Cocho

Pola súa banda, o Xefe de Servizo de Persoal é Juan Cocho Sahagún, licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid en 1996. Técnico Superior en Xestión Catastral, ocupaba, dende outubro de 2018, o cargo de Subdirector Provincial de Prestacións de Invalidez Permente no Ministerio de Inclusión, Servizos Sociais e Migracións.

 Aos procedementos nos que resultaron elixidos, se presentaron, respectivamente, 6 (Medio Ambiente) e 2 (Persoal) candidato/as. Desde o goberno local sinalan que foron seleccionados logo de que, «mediante criterios técnicos establecidos pola Intervención Municipal», se constatara e acreditara a súa idoneidade para o posto en relación aos requisitos esixidos para o desempeño do mesmo para o que foron valorados tanto os currículum vitae de todas as persoas solicitantes, como a titulación académica, anos de servizo, postos de traballo desempeñados na Administración, estudos e cursos realizados así como outros méritos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Toma de posesión dos xefes de Persoal e Medio Ambiente do Concello e Lugo