O Concello de Lugo estuda como evitar as filtracións nas ventás arqueolóxicas

la voz LUGO

LUGO

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro
A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro CEDIDA

Nas de Douto Castro tíveronse que habilitar cubos para recoller a auga

20 ene 2021 . Actualizado a las 12:47 h.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, explicou os pasos dados polo goberno municipal para a solución ás filtracións nas ventás arqueolóxicas da Rúa Doutor Castro, onde se tiveron que habilitar cubos para recoller a auga. Maite Ferreiro afirmou que «desde o momento no que tivemos coñecemento desta situación, o departamentos de Arqueoloxía, dependente da área de Urbanismo, xunto coas áreas de  Infraestruturas e Cultura, traballamos coordinadamente para darlle unha solución no menor tempo posible».

Maite Ferreiro explicou que «os distintos departamentos municipais están a estudar todas as posibles orixes das filtracións e a mellor solución a adoptar para eliminalas», e engadiu que «como medida temporal, recomendouse a colocación de elementos para recoller as filtracións, de xeito que non incidan directamente sobre os mosaicos para evitar o seu desgaste».

No ano 2020, investíronse 12.716,72 euros na renovación das estruturas metálicas, dos cristais e das xuntas das tres ventás arqueolóxicas debido ao avanzado estado de deterioro da instalación.