Xurxo Souto presenta con humor a súa visión do país

La Voz LUGO

LUGO

O músico e escritor chega este sábado a Outeiro de Rei con «Pangalaica. Recortes poderosos»

13 ene 2021 . Actualizado a las 09:02 h.

Sábado 16 • 19.00 horas • Auditorio da Casa-Museo Manuel María. Outeiro de Rei • Entrada libre. Inscricións: contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no WhatsApp do 698 177 621 • 

O escritor e músico (agora é un dos compoñentes da Banda Xangai) Xurxo Souto (A Coruña, 1966) presenta este sábado en Outeiro de Rei o seu libro Pangalaica. Recortes poderosos. A obra recolle oitenta pequenos relatos escritos e publicados durante o confinamento, e que agora son recollidos e ilustrados nun libro editado por Galaxia, que vén de esgotar a súa primeira edición.

 

 

Pangalaica recolle as historias e as persoas marabillosas que Souto foi topando nas súas viaxes por Galicia. Trátase de petiscos cheos de humor, que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: «É mentira a fronteira entre o rural e o urbano; todas somos da aldea; Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade...».