Alta costura inspirada no traxe de garda das mulleres lucenses da aldea

Unha capa contemporánea deseñada polo obradoiro Traxandaina a partir dunha lensa antiga de Portomarín recibiu o Premio Artesanía de Galicia

«Tesouro aldeán» é o título da peza que gañou o premio Artesanía de Galicia. Trátase dunha capa contemporánea inspirada nunha lensa antiga de Portomarín, que formaba parte do traxe de garda aldeán
«Tesouro aldeán» é o título da peza que gañou o premio Artesanía de Galicia. Trátase dunha capa contemporánea inspirada nunha lensa antiga de Portomarín, que formaba parte do traxe de garda aldeán

Lugo / La Voz

A peza máis valorada dos traxes de garda das mulleres das aldeas lucenses de principios do século XX, a lensa, serviu de inspiración aos artesáns do obradoiro lucense Traxandaina para elaborar unha capa contemporánea coa que acaban de gañar o Premio Artesanía de Galicia 2020, que outorga a Xunta. Todo un recoñecemento ao traballo de Tere Astorgano e Antón Sanjurjo, impulsores do taller, e tamén ao patrimonio téxtil da provincia de Lugo. «Recibir este premio é, a nivel emocional, un subidón, non se me ocorre ningún premio mellor que poidamos recibir, nin sequera o nacional, porque o Premio Artesanía de Galicia representa a esencia daquelo no que realmente cremos, é un grande orgullo», declara Tere Astorgano.

Antón Sanjurjo e Tere Astorgano, de Traxandaina, recibiron o premio
Antón Sanjurjo e Tere Astorgano, de Traxandaina, recibiron o premio

O premio chega, ademais, nun contexto económico moi duro, debido á crise do covid-19, polo que os 9.000 euros que leva consigo o galardón supoñen unha grande axuda. «E máis que o diñeiro, o máis importante quizais sexa o que supón a nivel de difusión do noso traballo. Solo o feito de ser finalistas nos premios xa foi impresionante, pois recibimos xa entón cinco encargas de capas como a que presentamos», continúa. Un pulo máis para continuar co seu labor de investigación, restauración, recuperación, divulgación e confección do traxe tradicional galego, o aldeán de finais do século XIX e principios do XX.

A peza que lles valeu o galardón leva por título «Tesouro aldeán», precisamente porque a capa está inspirada nunha lensa, unha das pezas máis valoradas e máis custosas do traxe de garda -o que se poñía os domingos, días de feira ou vodas- das mulleres aldeás. Trátase dunha capa contemporánea que «transcende o tradicional», elaborada co mellor pano, de 100% la, adquirido no Val de San Lorenzo. A peza principal está feita en negro, con remontas en azul e pardo, e moitas horas de traballo.

Foi un amigo dos artesáns quen lles propuxo presentarse ao certame e, dado que «foi un ano catastrófico, sen actividade, dixemos, ‘agora é o tempo de facelo'», continúa Tere. Pensaron nunha capa, por ser algo actual, e nunha lensa como inspiración, a alma máter do obradoiro. Concretamente, tomaron como referencia unha lensa antiga atopada en Portomarín: «Para nós é unha peza moi especial porque sempre chama a atención nas exposicións: é moi harmoniosa, está moi ben decorada... co zócalo en azul, o que facía máis cara, e pano pardo», explica Tere. A súa confección dá unha idea do poder adquisitivo da muller que a portaba, e servía de distinción social e de diferenza entre mulleres: «Canto máis detalle tiña unha lensa, máis horas de traballo requiría da costureira, polo que sairía máis cara». De feito, non todas as mulleres se podían permitir ter unha. A lensa, contemporánea de máquina de coser, era unha peza, similar á mantela, que servía para cubrir a saia.

Desde a Consellería de Economía, que outorga o premio, destacan que a obra representa «as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da artesanía galega, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación, a boa presentación e a calidade da obra». Coa capa, explican, móstranse «as posibilidades cualitativas e estéticas de determinadas técnicas tradicionais de costura e decoración aplicadas á vestimenta moderna».

Tere Astorgano, de Traxandaina: «Hai máis dun século sabíase de onde viña a xente pola vestimenta»

Laura López
Tere Astorgano e Antón Sanjurjo, no obradoiro de Traxandaina
Tere Astorgano e Antón Sanjurjo, no obradoiro de Traxandaina

O obradoiro lucense dedícase a investigar, recuperar e confeccionar traxes tradicionais

Á historia dun pobo pode chegarse a través de panos, fíos e teares, a través de saias, lensas e mandís. O traxe tradicional galego ten moito que dicir de quen o levou e moita luz que arroxar sobre o pasado e o presente de Galicia. Unha lección que axiña entenderon Tere Astorgano e Antonio Sanjurjo, fundadores de Traxandaina, o obradoiro lucense dedicado á investigación, restauración, recuperación, divulgación e confección do traxe tradicional galego, o aldeán de finais do século XIX e principios do XX, especialmente, o da provincia de Lugo. O que comezou sendo curiosidade -cunha intensa pescuda pola xeografía lucense, buscando teas ou testemuñas delas, como fotografías antigas-, converteuse en paixón ata que decidiron profesionalizarse hai dez anos como Traxandaina.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Alta costura inspirada no traxe de garda das mulleres lucenses da aldea