Nadal por toda a cidade con música, contacontos, pasarrúas e obradoiros

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

A concelleira Maite Ferreiro presentou o programa acompañada por representantes de colectivos culturais de Lugo
A concelleira Maite Ferreiro presentou o programa acompañada por representantes de colectivos culturais de Lugo

A concellería de Cultura organiza máis de vinte actividades desde este sábado ata o 5 de xaneiro

17 dic 2020 . Actualizado a las 10:43 h.

A concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, en colaboración con representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, A Volta do Agro, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, Cántigas e Frores, Madia Leva!, Semente Lugo e Troupelear, presentou o programa de Nadal. Son máis de vinte actividades para todos os públicos, desde o sábado 19 ata o 5 de xaneiro, con alternativas por diferentes escenarios da cidade:

GUSTAVO FREIRE

· Sábado 19. III Festa de Benvida ao Apalpador, coas actuacións de A Volta do Agro, Cántigas e Frores e Troupelear.

· Día 22.Producións Dispersas, Tódalas Marabillas do Mundo.

· Mércores 23. Tropa de Trapo, co espectáculo 4 monos.