Palmarés da Semana de Cine de Lugo

La Voz

LUGO

Presentación da Semana de Cine de Lugo
Presentación da Semana de Cine de Lugo CEDIDA

A película con mellor puntuación foi a canadiana «Derive»

29 nov 2020 . Actualizado a las 12:33 h.

A película canadiana «DERIVE», de David Uloth, foi a gañadora da sección oficial da Semana de Cine de Lugo, ue organiza Fonmiñá, trala votación feita polo público, obtendo unha puntuación de 2,70. A continuación, quedaron: EU TAMÉN NECESITO AMAR (España, 2019) de Antonio Caeiro Rodriguez (2,67 puntos). MAQUIS (España, 2020) de Rubén Buren (2,50 puntos). LA MALA NOCHE (Ecuador, 2019) de Gabriela Calvache (2,41 puntos). EL DESEO DE ANA (México, 2019) de Emilio Santoyo (2,05 puntos). AS MORTES (Chile-España, 2019) de Cristóbal Arteaga (1,85 puntos). FENDAS (Brasil, 2019) de Carlos Segundo (1,75 puntos). EL DESENTIERRO (Argentina, 2019) de Claudio Perrin (1,71 puntos). ALEKSI (Croacia, 2018) de Barbara Vekaric (1,12 puntos). A PUNTO DE EXPLOTAR (Argentina, 2019) de Diego M. Castro (0,83 puntos).

O Premio do Xurado á Mellor Película Documental: ALDEA ENCONTRADA (Asturias, 2020) de Ricardo Alonso. Premio do Público á Mellor  Película Galega: MARE (Galicia, 2019) de Guille Vázquez. Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega: XOVES DE COMADRES (Galicia, 2020) de Noemi Chantada.Premio do Público á Mellor  Curtametraxe: CIENTOUNO (España, 2020) de Sebastian Alfie.

A Organización e o Xurado da XLII SECILUGO (Semana de Cine de Lugo) conceden  cadansúa mención especial ás seguintes películas, polo especial tratamento dos temas, ás persoas  e  ao cine: CANDELA (España) de Marc Riba. LA TIERRA LLAMANDO A ANA (España) de Fernando Bonelli. LA LLUVIA TAMBIEN (Argentina) de Melchor Tame. O RAPAZ E A CORUJA (Portugal) de Mario Gajo de Carvalho. EL TRATAMIENTO (España) de Álvaro Carmona. MALCAVADA (Galicia) de Antonio Mourelos. ANHELO (Lugo-Galicia-España) de Antonio Lence Castro. BADALADAS DE AMOR E MORTE (Galicia) de Iría Gallego. 16 DE DECEMBRO (España, 2019) de Álvaro Gago. DIRECTORAS (Honduras) de Irina Blancafort/Eloi Tomas. TRES PISOS (Colombia) de Blandon Restrepo. PIEDAD (México) de Daniel Cano. EL VIAJERO (Argentina) de Gustavo Duc. FRITANGA (España) de Jose David Diaz. IFIGENIA (Grecia) de George Georgakopoulos. EXISTE (Bélgica) de Luca Zuberbühler. PÚBLICO CAUTIVO (Perú) de Beto Ortiz. SIEMPRE FUERTE. LA HISTORIA DE PABLO RÁEZ (España) de Vladimir Raez.