Homenaxe da Semana de Cine a Benedicta Sánchez e Amador Arias

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO

Homenaxe da Semana de Cine a Benedicta Sánchez e Amador Arias
Homenaxe da Semana de Cine a Benedicta Sánchez e Amador Arias CEDIDA

Fonmiñá quixo agradecer aos actores de «O que arde» o seu traballo

29 nov 2020 . Actualizado a las 11:46 h.

Na tarde do sábado, na Deputación Provincial de Lugo, rendeuse homenaxe a Benedicta Sánchez e Amador Arias, protagonistas de O que arde, inmediatamente antes da proxección deste filme de Oliver Laxe, dentro da XLII Semana de Cine.

No último acto público desta Semana de Cine, participaron Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura de Lugo, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias. Estaban presentes Manuel Curiel, director da Semana de Cine e Xulio Xiz, presidente de Fonmiñá.

Benedicta Sánchez e Amador Arias recibiron de Fonmiñá a placa de homenaxe con motivo desta Semana de Cine, como protagonistas desta película tan especial para o cine e a vida galega.

Os dous agradeceron esta distinción, destacando Benedicta o afortunada que foi porque lle «saíra un fillo así maior», e o agradecida que estaba por este homenaxe en Lugo, por algo no que o tiña pasado tan ben e que «non fixera máis que seguir as indicacións da dirección». A presencia e palabras de Benedicta foron aplaudidas con entusiasmo por parte de todos os presentes.

Homenaxe da Semana de Cine a Benedicta Sánchez e Amador Arias
Homenaxe da Semana de Cine a Benedicta Sánchez e Amador Arias