Conchita Montenegro presenta un novo e persoal poemario

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO

Conchita Montenegro nunha exposición no MIHL
Conchita Montenegro nunha exposición no MIHL ÓSCAR CELA

A poeta e artista lucense estará acompañada de amigos este xoves 3 de decembro no Vello Cárcere

29 nov 2020 . Actualizado a las 12:14 h.

Conchita Montenegro sigue en activo e proba diso pódese comprobar no poemaria «Ano MMXX/ Año MMXX» que presentará este xoves no Vello Cárcere, nun acto ás sete da tarde e no que participarán o escritor Toño Núñez, o xornalista Xulio Xiz e a catedrática de Lingua e Literatura Castelá Flor Sánchez.

Montenegro presenta algo máis de sesenta poemas, dos que uns corenta son en galego e o resto en castelá. «Son poemas duros, como a vida mesma, e incluso cun ton de rabia e inconformistas», relata a autora e tamén artista lucense.

Hai varios poemas sobre as súas lembranzas e vivencias persoais pero tamén, como sinala o propio título do libro, hai referencia a este ano «con tanta calamidade, quíxenme poñer na pel da xente que morreu pola covid-19».

O que hai ao longo dos versos deste novo poemario de Montenegro (os anteriores foron «Letexos», «Convulsións» ou «Camaleón») é a súa habitual teima pola liberdade e as inxustizas.

O prólogo do libro é do tamén escritor José Estévez, quen destaca o punto de vista da colectividade desde o que fai Montenegro os seus poemas.