As compañías Incendiaria e Quinta do cuadrante gañan o Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

O galardón, convocado pola Casa-Museo Manuel María, de Outeiro de Rei, supón para os gañadores contar con 30 representacións e 4.000 euros

Xurado do certame e compañía gañadora
Xurado do certame e compañía gañadora

Lugo / La Voz

As compañías Incendiaria e Quinta do cuadrante gañan o Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, convocado pola Casa-Museo Manuel María, de Outeiro de Rei e que, nesta segunda edición, recibiu o apoio de trinta concellos e deputacións. A obra gañadora foi «A lúa vai encuberta», que contará cun mínimo de trinta representacións nas vilas e cidades galegas, ademais de 4.000 euros de axuda á produción.

O Certame Manuel María de Proxectos Teatrais está destinado ás compañías profesionais galegas e foi convocado pola Casa-Museo Manuel María en colaboración cos concellos de A Coruña, Ames, Arteixo, As Pontes, Barbadás, Betanzos, Brión, Cambados, Carballo, Carral, Cedeira, Culleredo, Lugo, Malpica, Melide, Monforte, Neda, Oleiros, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Ribeira, Santiago, Verín, Vilalba e as Deputacións da Coruña e de Lugo. A convocatoria fíxose pública hai seis meses. Este foi o tempo do que dispuxeron as compañías para presentaren os seus proxectos.

O xurado estivo integrado polas seguintes persoas: Manuel Lourenzo Pérez, actor, dramaturgo, director teatral, tradutor, profesor de interpretación, Premio Nacional de Literatura Dramática (1997); Cristina Domínguez Dapena, directora de escena e vicedirectora da Escola de Arte Dramática (ESAD) de Galicia; María Armesto, dramaturga, directora de escena, profesora de canto e técnica vocal, directora artística da Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas (MITCFC) desde 2014; e Alberte Ansede Estraviz, secretario da Fundación Manuel María, que actúa con voz mais sen voto.

Este certame, do que se celebra a segunda edición, premia a mellor proposta escénica dunha obra de Manuel María, co compromiso por parte da compañía gañadora de levalo á escena no prazo de dez meses. Por tanto, o proxecto que agora se premia, estrearase en setembro do 2021 e estará nos escenarios durante todo o ano 2022, cando menos. Iso supón que o certame ten carácter bienal, de xeito que nunha anualidade se presentan os proxectos e na seguinte lévase á escena a proposta gañadora.

En canto ao premio outorgado, supón para a compañía gañadora contar cun mínimo de 30 representacións levadas a cabo en cada un dos concellos que colaboran neste certame. Deste xeito, o desexo fundamental dunha compañía, chegar ao seu público, queda garantido. Aínda así, ademais deste importante número de funcións, a compañía contará cunha axuda de 4.000 euros para a produción da obra, que achega a propia Fundación Manuel María.

Nesta segunda edición, o xurado estimou por unanimidade que o mellor proxecto é o presentado por dúas compañías que se uniron para levalo a cabo: A Quinta do Cuadrante (composta por Melania Cruz e Tito Asorey) e Incendiaria (composta por Vanesa Sotelo e Davide González), ademais de contar para a escenografía con Carlos Alonso e para a iluminación con Laura Iturralde. O proxecto está realizado sobre o texto de Manuel María «A lúa vai encuberta», obra que se refire a algúns dos acontecementos da historia de Galicia que poden axudar a entender mellor o presente.

O xurado destacou a calidade dos proxectos presentados e resaltou entre os valores da obra gañadora o «constituír un proxecto importante e ambicioso, tanto no plano creativo como de realización e produción, que se propón mostrar algunhas claves para a comprensión da situación da sociedade galega actual. Para isto, bota man da análise dos principais acontecementos que se sucederon no noso país ao longo do século XX, até os primeiros anos do postfranquismo, supoñendo así, unha forma intelixente de confrontar a sociedade galega co seu pasado recente e coas súas propias contradicións. Neste sentido, estamos diante dun teatro que fala da nosa realidade usando elementos documentais e posibilitando a irrupción do real na escena». Ademais disto, o xurado tamén quixo deixar constancia «dunha hábil incorporación de diferentes xéneros, mesturando as formas de teatro máis popular, como o cabaret e o musical, con formas máis contemporáneas como o audiovisual e, sobre todo, o teatro documento», así como da calidade e longa traxectoria do elenco artístico.

A obra gañadora na primeira edición do certame, «O meu mundo non é deste reino», acaba de ter o recoñecemento dos Premios María Casares á mellor dirección e á mellor adaptación dun texto teatral na persoa de María Peinado.

«Bernarda», espectáculo de Malasombra, o gran triunfador nos premios María Casares

Gracia Novás
Detalle da montaxe teatral «Bernarda», sobre texto de Jose Prieto
Detalle da montaxe teatral «Bernarda», sobre texto de Jose Prieto

As obras teatrais «O meu mundo non é deste reino» e «Liberto» fanse con dous galardóns cada unha. «Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos», mellor montaxe infantil

Nun ano de excepcionalidade -tamén teatral-, a cultura galega trata de non perder espazo. Este é un dos obxectivos que persegue a 24.ª edición dos premios María Casares, a pesar de que a pandemia obrigou a prescindir da habitual gala e a recorrer a unha entrega de galardóns virtual, vía da que, por outra banda, tamén botaron man moitas montaxes para as súas representacións ao longo deste 2020. Foi a través das redes sociais como o a afeccionado puido comprobar este luns como a compañía Malasombra Producións se alzaba como gran triunfadora dunha velada que viu como dez espectáculos -concorrían dezaseis- obtiveron algún dos recoñecementos en xogo.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

As compañías Incendiaria e Quinta do cuadrante gañan o Certame Manuel María de Proxectos Teatrais