A Semana de Cine de Lugo proxectará 119 películas e as entradas serán gratuítas

Haberá homenaxes a Luís Tosar e a Benedicta Sánchez, e haberá proxeccións nos centros penitenciarios de Bonxe, Monterroso e Teixeiro

Presentación da Semana de Cine de Lugo
Presentación da Semana de Cine de Lugo

lugo / la voz

Este venres presentouse no Pazo de San Marcos a 42 edición da Semana de Cine de Lugo, que se celebrará do 23 ao 28 de novembro. A mostra, organizada polo Grupo Cinematográfico Fonmiña e dirixida por Manuel Curiel, inclúe a proxección de 119 filmes en distintos espazos culturais da cidade.

Curiel subliñou na presentación a capacidade de convocatoria do festival que recibiu no periodo de inscriciòns «preto de 2.000 filmes de 60 países». A Semana do Cine de Lugo celebrase despois de ser adiada en setembro, data na que se viña celebrando habitualmente. «Por momentos pensamos que non podería ser pero chegamos a conclusión de que tería que ser como poidera ser. Sería doloroso para nos, e cremos que tamén para Lugo, facer unha paréntese nn traballo que vimos facendo desde o 1979», expuxo Xulio Xiz, director do Grupo Fonmiñá na presentación do festival.

Nesa liña, a vicepresidenta Maite Ferreiro agradeceu «o traballo e implicación do Grupo Fonmiña para sacar adiante esta Semana de Cine de Lugo, que se converteu ao longo dos anos cita imprescindible para as persoas cinéfilas e nun espazo de recoñecemento e homenaxe a lucenses do mundo do cine» e reivindicou «as garantías sanitarias que ofrecen este tipo de actos culturais. A cultura é segura e neste momento de incertidume e preocupación precisamos dela máis ca nunca», concluíu.

A área de Cultura da Deputación de Lugo achega 35.000 euros para a organización da mostra, que conta tamén coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia.

119 filmes en cinco salas

As películas da Sección Oficial proxectaranse no Auditorio Municipal Gustavo Freire, con pases ás 19.00 horas e as 21.00 horas. O Vicerreitorado acollerá as proxeccións das seccións Cine Galego, con 28 filmes, e As curtas tamén son cine, na que participan 35 curtametraxes.

No salón de actos do Pazo de San Marcos, proxectaranse as catro películas de Cine Documental; mentras que no auditorio do Vello Cárcere se poderá ver o ciclo La Otra Orilla con películas de Arxentina, Chile, Cuba, Colombia, Mexica, Honduras, Brasil e Bolivia. Ademais, na Biblioteca Provincial pasaranse os filmes do ciclo E para comer Lugo, de temática gastronómica. Pòdese ver a programación na web do festival: https://2020.semanadecinedelugo.com/gl.

A entrada ás proxeccións será de balde, até completar a capacidade das salas, limitada a 30 persoas, dacordo coa normativa sanitaria vixente. O Grupo Fonmiña habilitou un espazo na web para a reserva online das entradas. 

A mellor película da Sección Oficial, de As curtas tamén son cine e de Cine Galego serán elixidas polo público asistente a través das papeletas de votación que se entregarán á entrada de cada sala.

Haberá unha homenaxe a Luis Tosar
Haberá unha homenaxe a Luis Tosar

«Deixade que o cine...»

Como novidade, e para compensar as limitacións de capacidade impostas pola pandemia, a Semana de Cine de Lugo achegará as proxeccións á sede de Apsnais. O festival sairá de Lugo para ofrecer tamén sesións de cine nas prisións de Bonxe, Monterroso e Teixeiro, unha iniciativa para a que contan coa colaboración da asociación Concepción Arenal e de Institucións PenitenciariasTamén se farán proxeccións nas prisións de Bonxe, Monterroso

Homenaxes a Luis Tosar, Benedicta Sánchez e Carmen Correa

No capítulo de recoñecementos a lucenses do mundo do cine, a Semana de Cine de Lugo incluirá dous actos de homenaxe, ao actor Luis Tosar -o día 27, no Pazo de San Marcos-, e a actriz Benedicta Sánchez - o día 28, tamén na sede da Deputación ? nos que se proxectarán “Quen a ferro mata” e “O que arde”. Ademais, ampliarase o Paseo do Cine, unha iniciativa que se puxo en marcha o ano pasado, con dúas novas placas en homenaxe ao propio Luis Tosar e a Carmen Correa, actriz nada no Queirogal, en Baleira, e que participou no elenco e produción de máis dunha vintena de filmes nos anos 50 e 60.

Benedicta Sánchez recibirá unha homernaxe
Benedicta Sánchez recibirá unha homernaxe

Exposición na biblioteca provincial

Por outra parte, do 23 ao 28 de novembro, a Biblioteca Provincial acollerá unha exposición con todas as edicións dos libros da colección Semana do Cine de Lugo, que inclúe unha vintena de publicación, entre elas, as dúas editadas este ano: «Luis Tosar. O descoñecido máis coñecido», de Manuel Curiel, e «Orixes e consolidación da fotografía en Lugo», asinado por de Eduardo Ochoa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Semana de Cine de Lugo proxectará 119 películas e as entradas serán gratuítas