A Deputación de Lugo mellora a estrada de Antas de Ulla ata Frádegas

A empresa Arias Infraestructuras arranxou a vía que vai da capitalidade municipal ata Santa Mariña

Mellora da estrada que une Antas con Frádegas por Santa Mariña e que executou Arias Infraestructuras con fondos da Deputación de Lugo
Mellora da estrada que une Antas con Frádegas por Santa Mariña e que executou Arias Infraestructuras con fondos da Deputación de Lugo

Lugo

A empresa Arias Infraestructuras rematou as obras de mellora que financiou a Deputación Provincial de Lugo do último tramo que quedaba por acondicionar da estrada provincial LU-P-0302, que une Antas de Ulla con Frádegas por Santa Mariña e co límite coa provincia de Pontevedra, en Borraxeiros.

O presidente da Deputación de Lugo e responsable directo de Xestión Territorial, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, supervisaron o remate das obras de mellora que levou a cabo a institución provincial, e nas que investiu en ditas actuacións un total de 185.986,69 euros.

O mandatario provincial explicou que ditas obras que executou Arias Infraestructuras son moi importantes para o municipio, pois trátase da única vía que une o núcleo de Antas de Ulla coa parroquia de Santa Mariña, beneficiando directamente aos 2.000 veciños do municipio que utilizan a diario esta estrada.

Tamén axuda a dinamizar o turismo interior do municipio da Ulloa.

Os traballos de Arias Infraestructuras, financiados pola Deputación de Lugo, consistiron na reapertura e limpeza de cunetas, pavimentación do firme con aglomerado en quente, así como o repintado da sinalización horizontal e vertical.

Ditas obras de mellora realizáronse nun treito de case cinco quilómetros, entre os puntos quilométricos 0,2 e 4,8, e súmanse ás melloras xa acometidas nesta mesma estrada en pasados exercicios, co que agora a totalidade do firme da vía queda renovado.

Nesta vía, a Deputación tamén acometeu, a través doutro proxecto, a construción dunha beirarrúa na marxe esquerda para facilitar o paso de peóns con completa seguridade.

Neste treito peonil, que vai dende o punto quilométrico 0 ata o 0,5, dotouse dunha condución e os seus sumidoiros para a recollida e evacuación de augas pluviais. Contaron todos os traballos cun investimento de 52.000 euros.

As obras na vía provincial en Antas de Ulla levan un pavimento de aglomerado en quente que fai máis seguro o tránsito de vehículos
As obras na vía provincial en Antas de Ulla levan un pavimento de aglomerado en quente que fai máis seguro o tránsito de vehículos

Emprego local

Na súa visita ás obras de reforma da vía, o presidente provincial, José Tomé, destacou que con estes traballos «melloramos a comunicación e a mobilidade dos veciños e veciñas de Antas de UIla, e polo tanto a súa seguridade viaria e comodidade, ao mesmo tempo que dinamizamos a economía da provincia ao ser empresas de Lugo as encargadas de realizar estes traballos que melloran a rede viaria provincial».

Estas actuacións enmárcanse na aposta decidida da Deputación Provincial de Lugo por mellorar a extensa rede viaria de titularidade provincial, favorecendo deste xeito a seguridade, o equilibrio territorial e a calidade de vida dos veciños e veciñas que viven no rural, tal e como sinalou o presidente provincial.

Outras vías arranxadas no municipio ulloán

 Na visita ás obras que fixo Arias Infraestructuras, o presidente provincial avanzou que a Deputación xa arranxou con outros 17.000 euros dúas vías provinciais que transcorren polo concello de Antas de Ulla. Os traballos xa remataron e concretamente son a LU-P-4002 que une Antas de Ulla e Palas de Rei por Ponte Mercé, onde se mellorou un tramo á altura do punto quilométrico 9,7. As actuacións consistiron na ampliación da plataforma da estrada entre o ensanche e o entronque co núcleo de San Martiño de Vilapoupre, pasando de 4,60 a 6 metros para logo pavimentala con aglomerado en quente e a instalación da sinalización vertical e horizontal.

En canto á LU-P-0306, que conecta a parroquia de Santa Mariña con Frádegas e Vilariño, acondicionouse un tramo á altura do punto quilométrico 0,4, unha vez superado o cemiterio. As obras consistiron na ampliación da plataforma dunha curva para ampliar o radio de xiro, suprimindo así a perigosidade que presentaba antes. Dotouse dunha capa de rodadura de aglomerado en quente a este treito de estrada en toda a superficie afectada polas obras, e da sinalización horizontal, de maneira que os usuario desta vía xa poden circular con todas as condicións de comodidade e seguridade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación de Lugo mellora a estrada de Antas de Ulla ata Frádegas