O Festival de Jazz celebra trinta anos de boa música

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

O artista portugués Salvador Sobral ofrecerá un dobre concerto este sábado. O resto de actuacións terán lugar entre os días 5 e 15

05 nov 2020 . Actualizado a las 17:00 h.

A edición deste ano do Festival de Jazz de Lugo será dobremente histórica: pola pandemia, e tamén porque cumpre tres décadas. A cita, que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, celebrarase do 5 ao 15 no Círculo das Artes, a Casa do Saber e o Club Clavicémbalo. Entre os artistas destaca o portugués Salvador Sobral, gañador do Festival de Eurovisión do 2017.

Para celebrar os 30 anos do festival de jazz, o Concello ofrece de maneira gratuíta a mestura de folk tradicional albanés e jazz de Elina Duni, acompañada polo guitarrista Rob Luft e o multiinstrumentista Fred Tomas. Será o día 13.

A programación é a seguinte:

Xoves 5

· DANIEL GARCÍA TRIO. AIEnRUTa Jazz. 20.30h. Casa do Saber. Entrada gratuita (reserva: cultura.lugo@usc.es)

· THE OLD PROJECT. 21.30h. Club Clavicémbalo. 5 euros

Venres 6

· MINTON’S JAZZ QUINTET. 21.30h. Club Clavicémbalo, 5 euros

Sábado 7

· SALVADOR SOBRAL. «Alma nuestra». 18.00h e 20.30h. Círculo das Artes - Escenario 1906. Entrada doble (dúas persoas, con mesa): 30 euros / Entrada individual en lateral ou palco: 15 euros

Domingo 8

· JAZZ AT MASSEY HALL REVISITED: CHARLIE PARKER TRIBUTE. «The Quintet»: Perico Sambeat, Voro García, Albert Sanz, Toño de Miguel e Stephen Keogh. 18.00h e 20.30h. Círculo das Artes - Escenario 1906. Entrada doble (dúas persoas, con mesa): 25 euros / Entrada individual en lateral ou palco: 12 euros

Luns 9

· YAMANDÚ COSTA. 20.30h.Círculo das Artes - Escenario 1906. Entrada doble: 25 euros / Entrada Individual en lateral ou palco: 12 euros

Martes 10

· JEAN TOUSSAINT QUARTET. 20.30h. Círculo das Artes. Entrada doble: 25 euros / Individual (lateral, palco): 12 euros

Mércores 11

· RAÚL RODRÍGUEZ. La Raíz Eléctrica. 20.30h. Círculo das Artes. Entrada doble: 25 euros / Individual: 12 euros

Xoves 12

· SCULPTURES IN MUSIC. Paco Charlín, Pablo Castaño, Yago Vázquez, Marcos Pin & Max Gómez. 20.30h. Círculo das Artes. Entrada doble: 25 euros / Individual: 12 euros

· LUCÍA REY TRÍO. AIEnRUTa Jazz. 21.30h. Casa do Saber. 5 euros

Venres 13

· ELINA DUNI & ROB LUFT FT. FRED THOMAS. Concerto conmemorativo organizado polo Concello de Lugo - 30 anos de jazz. 20.30h. Círculo das Artes. Entrada gratuita en www.entradaslugo.es

· ROBERTO NIEVA QUINTET. AIEnRUTa Jazz. 21.30h. Casa do Saber. 5 euros

Sábado 14

· CLARENCE BEKKER BAND. 18.00h. e 20.30h. Círculo das Artes. Entrada doble: 25 euros / Individual: 12 euros

Domingo 15

· MIRYAM LATRECE QUARTET. AIEnRUTa Jazz. 18.00h. e 20.30h. Círculo das Artes. Entrada doble: 25 euros / Individual: 12 euros

Entradas

A venda de entradas será na caseta do Festival (Praza Maior, fronte ao Círculo) desde o día 5, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 ata a hora do concerto. Debido á redución dos aforos, non haberá venda anticipada en liña en notikumi.com. Pode obterse máis información en festival@jazzlugo.com.