O PSOE di que Lugo é a terceira provincia que máis crece en inversión do Estado

Acuda ao PP lucense de mentir e califica os orzamentos do Goberno dos mellores para a provincia desde o 2010

Patricia Otero, secretaria provincial del PSOE de Lugo
Patricia Otero, secretaria provincial del PSOE de Lugo

lugo

A secretaria provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero dixo hoxe que «estamos diante dos mellores orzamentos do Estado para á provincia dende o ano 2010», e acusou ao PP «de mentir máis que falar», en relación aos investimentos na provincia de Lugo. 

Otero dixo que o «PP provincial de Lugo lanzouse a unha romaría de roldas de prensa por toda a provincia, tentando descualificar uns Orzamentos que son os mellores para a provincia desde o ano 2010». E asegura que «fano para poñerse a venda antes da ferida, xa que a mala previsión dos vindeiros orzamentos da Xunta lévalles a mentir ou a ocultar a verdade». 

A secretaria provincial replica que as afirmacións do PP nas que sinala que deixou encamiñada a autovías da Mariña sen un só metro nin planeado, nin licitado, nin construído «debe ser unha broma porque, de non selo, é tomarlle o pelo aos veciños da Mariña Lucense». E no que se refire á mellora do tren, «o PP volve a mentir porque saben moi ben que RENFE xa adquiriu novos equipamentos para toda España, que virán substituír os vellos para os que o Goberno do PP non investiu nin un euro. O resto do que se necesita para mellorar o tren é adecuar horarios e mellorar estacións para o que non se require partidas dos Orzamentos».

 Así as cousas afirma que «Lugo é a terceira provincia que máis crece en orzamento dedicado en infraestruturas de toda España, e que se acomete a conexión por ferrocarril con Ourense e culmínase a autovía con Santiago. Os orzamentos do Estado tamén aseguran que Lugo contará coa nova estación intermodal, agora só falta que unha vez máis o Goberno de Feijóo cumpra coa súa parte», advertiu. 

Sinalou ademais que «miles de lucenses beneficiaranse da suba das pensións contributivas e non contributivas, así como polo incremento do soldo aos empregados públicos ou axuda do Ingreso Mínimo Vital. O mesmo ocorre co incremento dos investimentos dedicados á educación ou á sanidade desde o Goberno de Pedro Sánchez». 

Chegada do AVE a Lugo compromiso de Feijoo

Patricia Otero convida a secretaria provincial do PP e ao deputado Jaime Olano «a poñerse a traballar polos lucenses e polos cidadáns da Mariña esixindo que a Xunta nos seus próximos orzamentos comece a pagar as incontables débedas que ten coa provincia e coa comarca. Sen ir máis lonxe, a chegada do AVE a Lugo - compromiso en firme de Núñez Feijoo que leva 11 anos conxelado - ou o peche do corredor norte da vía rápida desde Viveiro, ou os déficits acumulados na atención sanitaria primaria que empeza a ser penosa», só por citar, dixo, algúns temas que dormen nos caixóns das conselleiras da Xunta de Galicia

Por último emprazou aos representantes do PP na provincia «antes de dedicar todo o seu tempo a criticar, deberían comezar a dar algo de trigo, algo no que aínda non se estrearon», resumiu.

O PP de Lugo pedirá a PSOE e BNG que se sumen ás melloras nos orzamentos do Estado

la voz
El diputado Jaime de Olano, la presidenta del PP, Elena Candia, la senadora Rosa Arza y el alcalde de Outeiro, José Pardo
El diputado Jaime de Olano, la presidenta del PP, Elena Candia, la senadora Rosa Arza y el alcalde de Outeiro, José Pardo

Os populares critican a falta de inversións nas autovías e presentarán mocións en todos os concellos para reclamar máis cartos para a provincia

A presidenta provincial del PP, Elena Candia, e o vicesecretario de Participación do PP, Jaime De Olano, expresaron este sábado o malestar da súa formación polos Orzamentos do Goberno para a provincia, engadindo que «estamos pagando os pactos do PSOE, cun executivo que custa o dobre aos lucenses e lles recortan inversións necesarias e estratéxicas».

A dirixente dos populares de Lugo expresaba así o seu descontento, explicando que «sacrifica os proxectos que tiña proxectados, como autovía da Mariña (A-74), fronte aos 3,6 millóns consignados en 2018 polo Partido Popular, o Goberno actual aplica unha redución do 87 %, ao incluír só 400.000 euros».

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O PSOE di que Lugo é a terceira provincia que máis crece en inversión do Estado