O PP de Lugo pedirá a PSOE e BNG que se sumen ás melloras nos orzamentos do Estado

la voz LUGO

LUGO

El diputado Jaime de Olano, la presidenta del PP, Elena Candia, la senadora Rosa Arza y el alcalde de Outeiro, José Pardo
El diputado Jaime de Olano, la presidenta del PP, Elena Candia, la senadora Rosa Arza y el alcalde de Outeiro, José Pardo CEDIDA

Os populares critican a falta de inversións nas autovías e presentarán mocións en todos os concellos para reclamar máis cartos para a provincia

31 oct 2020 . Actualizado a las 17:07 h.

A presidenta provincial del PP, Elena Candia, e o vicesecretario de Participación do PP, Jaime De Olano, expresaron este sábado o malestar da súa formación polos Orzamentos do Goberno para a provincia, engadindo que «estamos pagando os pactos do PSOE, cun executivo que custa o dobre aos lucenses e lles recortan inversións necesarias e estratéxicas».

A dirixente dos populares de Lugo expresaba así o seu descontento, explicando que «sacrifica os proxectos que tiña proxectados, como autovía da Mariña (A-74), fronte aos 3,6 millóns consignados en 2018 polo Partido Popular, o Goberno actual aplica unha redución do 87 %, ao incluír só 400.000 euros».

Candia dixo que o Goberno do Partido Popular deixouse todo encamiñado para rematala no menor tempo posible.Fixo especial fincapé nesta infraestrutura, pois a súa parálise contribuirá a que a comarca continúe «esmorecendo». Concretamente, «A Mariña non chega ao millón de euros e o ministerio de Transición Ecolóxica tan só destina 430.000 euros para actuación nesta zona que xa acusa unha gran incerteza debido á situación de Alcoa»..

O mesmo acontece, dixo, coa a A-56, fronte aos 10,8 millóns de 2018, en 2021 só figura unha partida de 450.000 euros; o que supón unha redución do 96%. No caso da A-76, o investimento é dúas veces menor: 100.000 euros en 2021, fronte aos 336.000 de 2018.

Ferrocarril

Logo do anuncio dos 99 millóns, dende o PP agardan que sirva para que se cumpran os prazos da chegada da Alta Velocidade á provincia e que non se sigan recortando servizos nesta prestación, como se fixo dende que se decretou o estado de alarma; tema que os senadores levaron á Cámara Alta en diversas ocasións, xa que a estación de Monforte de Lemos é a grande prexudicada por este «tixeiretazo».

«Nada lle debemos ao PSOE»

Para a popular queda claro que os Orzamentos do vindeiro exercicio «respostan a un pago de favores a outras comunidades que lle deron o apoio a Sánchez para poder gobernar e que o papel dos representantes socialistas da provincia en Madrid queda moi limitado». «Non souberon estar á altura, xa que non foron quen de defender as necesidades de Lugo. Dende logo, os lucenses e a provincia nada lle debemos ao PSOE de Madrid, de Galicia e de Lugo, xa que non só nos quitan, senón que nos suben os impostos», sentenciou.

Por este motivo, pide «aos alcaldes socialistas e o BNG -que son os grandes colaboradores de Sánchez-, que se sumen con nós para corrixir estas contas, xa que son manifestamente peores que as de 2018». A popular adiantou así que presentarán mocións nas respectivas entidades locais co mesmo fin.

Política económica

Pola súa parte, o deputado Jaime de Olano, sinalou que «los presupuestos van en la línea contraria a lo que están haciendo el resto de países europeos, que es bajar impuestos y favorecer a los autónomos», e acusou ao Goberno «de mentir cuando dice que la subida de impuestos la pagarán los ricos. Se ríen de las clases medias y de los autónomos». De Olano aposta por «aligerar la carga tributaria a empresas y autónomos» e sinalou que este presupostos «serán la ‘puntilla' tanto para las empresas como para los 700.000 españoles que están en ERTE».

Criticou que os españoles vaian a pagar máis impostos «en un momento en el que los ingresos se han visto mermados “¿Los 17 millones de españoles con vehículo diésel, los que compran por internet o tienen plan de pensiones son ricos?». Por estos motivos non vacilou en dicir que os orzamentos do Goberno son «una venganza contra los gallegos por no haber votado a Sánchez e Iglesias y denuncia que se vayan a hurtar más de 100 millones de euros en inversiones».

Pediu tanto a Gonzalo Caballero como a Ana Pontón a que se pronuncien sobre de que lado están nestas contas do Goberno central, e puxo como exemplo A Mariña, «que es la comarca peor tratada por el Gobierno, porque, además de permitir el cierre planta de fabricación de aluminio, está enterrando el proyecto de la A-74 que retomó el Gobierno del PP».

 

Cumprimento das restricións

Elena Candia e Jaime De Olano fixeron estas valoracións no marco dunha reunión atípica, debido ás restricións aplicadas á cidade de Lugo por mor da evolución da covid-19. A presidenta e o vicesecretario de Participación elixiron o municipio de Outeiro de Rei por ser un dos grandes prexudicados, ao non incluír ningún fondo para a execución da rotonda sobre a N-VI que, pola contra, si que estaba contemplada nas últimas contas do goberno de Mariano Rajoy, e que corresponden ao ano 2018. Candia e Olano estiveron acompañados dos senadores Rosa Arza e Manuel Varela, así como do líder dos populares neste concello, José Pardo Lombao.

Dende Lugo, seguiron a xuntanza de forma telemática Ramón Carballo, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez. Os tres subscribiron as palabras dos dous mariñáns.