A Xunta enmenderá os orzamentos do Estado para impulsar a autovía Lugo-Ourense

la voz LUGO

LUGO

El presidente de la Xunta se reunió con los alcaldes de la plataforma pro A-56
El presidente de la Xunta se reunió con los alcaldes de la plataforma pro A-56 ANA VARELA

O presidente Alberto Núñez Feijoo mantivo un encontro cos alcaldes da plataforma a favor da A-56

01 nov 2020 . Actualizado a las 11:39 h.

A Xunta impulsará enmendas ao Proxecto de Presupostos Xerais do Estado para 2021 coa fin de que incorporen as partidas necesarias e suficientes para impulsar as obras dos treitos prioritarios da autovía Ourense-Lugo (A-56).

Así llo trasladou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, aos alcaldes integrantes da Plataforma A-56, cos que mantivo unha xuntanza, na que tamén participou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez

En concreto, e de acordo cos alcaldes, o Goberno galego promoverá enmendas destinadas a que as Contas do Estado para 2021 consignen os cartos necesarios para acometer as obras dos treitos considerados prioritarios, o intercambiador de Guntín, na provincia de Lugo, e o treito San Martiño-Cambeo, na provincia de Ourense. 

El presidente de la Xunta se reunió con los alcaldes de la plataforma pro A-56
El presidente de la Xunta se reunió con los alcaldes de la plataforma pro A-56 ANA VARELA

A autovía Ourense-Lugo está proxectada pola Administración xeral do Estado como un eixe vertebrado do interior de Galicia e planificouse como unha vía de nova construción que parte da autovía Lugo-Santiago en Guntín, e chega ata a A-52 en Ourense. A súa construción beneficiaría a 250.000 habitantes. 

Esa autovía, sen embargo, só ten un treito en servizo, entre A Barrela e San Martiño, que se abriu ao tráfico a comezos deste mes de outubro tras máis de 10 anos de obras. 

Na xuntanza os alcaldes dos concellos de Vilamarín, Coles, Carballedo e Chantada trasladaron a súa preocupación pola falta de avances e compromiso por parte do Goberno de España no impulso dos treitos restantes desta infraestrutura, unha inquedanza confirmada ante a publicación onte do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021. 

Tamén a xuízo do Goberno galego «é inaceptable que o Proxecto de Orzamentos elimine o investimento no intercambiador de Guntín da autovía A-56, que contaba con partida nos Presupostos de 2018, aínda en vigor, así como anualidades para os seguintes exercicios.Esas partidas non se executaron e, sen embargo, non se inclúen nos Presupostos de 2021, a pesar de que o intercambiador de Guntín é unha infraestrutura de importancia fundamental para canalizar un gran volume de tráfico en Lugo. O seu custo estimado é de 13,2 millóns de euros». 

Igualmente, a Xunta considera totalmente insuficiente a partida de 100.000 euros que os Presupostos inclúen para o treito de San Martiño-Cambeo, que se considera fundamental para darlle funcionalidade ao trato que se vén de pór en servizo entre San Martiño e A Barrela. Co treito de Cambeo-San Martiño sería posible conectar directamente a Autovía coa Nacional-540. Trátase dun treito de 9 quilómetros que precisa dun investimento de 73 millóns de euros.

No encontro, a Xunta trasladoulle á Plataforma A-56 a súa preocupación pola desaparición do investimento na rede viaria galega do Proxecto de Orzamentos Xerais.