Ocio para valentes, pero con seguridade

O Concello organiza obradoiros, contacontos, masterclass e un rastrexo nocturno entre o 24 de outubro e o 1 de novembro con motivo do Samaín


Lugo

A área de Xuventude do Concello de Lugo presentou o programa de actividades deste Samaín, con alternativas de ocio «de medo», pero con todas as garantías de seguridades. As actividades son gratuítas e en todas elas é obrigatorio o uso da máscara.

A concelleira de Xuventude, Ana Abelleira, presentou as actividades e convidou á mocidade lucense a participar nelas: «Neste atípico 2020 queremos ofrecer aos máis novos unha programación diferente, de calidade e con todas as garantías de seguridade. Aínda que o concepto varíe con respecto aos pasados anos, estamos seguros de que será do agrado de todos», engadiu.

A programación é a seguinte:

SÁBADO 24 E XOVES 29 DE OUTUBRO

Obradoiro de maquillaxe peel-of de efectos especiais

Grupo de 10/sesión

Sábado 24: De 11.00 a 13.00 horas

Xoves 29: De 18.00 a 20.00 horas

Casa da Xuventude

Inscricións no teléfono 982 297 444

O número de persoas participantes poderase modificar en función das circunstancias sanitarias

VENRES 30 E SÁBADO 31 DE OUTUBRO

III Rastrexo Nocturno «Milagrosa Zombie», para maiores de 18 anos

21.00 horas

Parque da Milagrosa

Grupo de 5/día (grupos máximo de 3)

Inscricións en xuventude@lugo.gal

O número de persoas participantes poderase modificar en función das circunstancias sanitarias

DOMINGO 1 DE NOVEMBRO

Contacontos de Samaín con Clan de Breogán

3 pases: 17.00, 18.00 e 19.00 horas

Praza da Milagrosa

Público familiar (cativo/cativa acompañado dun adulto)

Inscricións en xuventude@lugo.gal

O número de persoas participantes poderase modificar en función das circunstancias sanitarias

SÁBADO 31 E DOMINGO 1

Masterclass «A mover o esqueleto»

Sábado 31: 12.00 horas, Praza da Milagrosa

Domingo 1: 18.00 horas, Praza de Augas Férreas

Actividade aberta con aforo limitado

O número de persoas participantes poderase modificar en función das circunstancias sanitarias

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ocio para valentes, pero con seguridade