Gandeiro de 21 anos cunha explotación nos Ancares: «Gústanme as cidades para un intre, non para vivir»

María Guntín
María Guntín CERVANTES / LA VOZ

LUGO

David Pérez está a fronte dunha gandaría en Poso
David Pérez está a fronte dunha gandaría en Poso ALBERTO LÓPEZ

«Gústame moito a miña aldea, Poso, e non quero que todo se transforme en monte. Isto é unha forma de axudar», conta David Pérez

17 oct 2020 . Actualizado a las 18:21 h.

David Pérez López ten 21 anos e vive en Poso (Cervantes). Está á fronte dunha gandaría que herdou da súa familia, dende hai dous anos. Amante do rural e dos animais, reflexiona sobre a vida no agro, atrévese a falar da súa infancia e tamén de como se converteu en quen é.

—Como comeza a súa historia?

—Eu son a terceira xeración que herda unha explotación de gando vacún de carne. Teño sobre 50 vacas en extensivo todo o ano. Ademais, formo parte da cooperativa A Carqueixa.

—Gústanlle os animais.

—A min sempre me gustou ver as vacas e coidalas. Vin esta oportunidade e decidín continuar ca gandaría. Gústame moito a aldea na que estou e tampouco quero que todo se transforme en monte e a gandaría en extensivo e unha forma de manexo.